CENSOS
ANIMAIS POTENCIALMENTE PERIGOSOS:
Definición: Consideranse ANIMAIS POTENCIALMENTE PERIGOSOS (APP) todos os animais de fauna salvaxe, sendo usados como animais domésticos ou compañía con independencia da súa agresividade, pertencentes a especies ou razas que teñan capacidade de causar morte ou lesións ás persoas ou a outros animais e danos a cousas.
ANIMAIS DE COMPAÑÍA:
A inscrición é obrigatoria para todos os animais da especie canina (*) cando o seu propietario, posuidor ou persoa que asume a súa responsabilidade é veciño do Concello de Foz. (Segundo o disposto no artigo 27 do Decreto 153/1998, de 2 de abril, polo que se aproba o Regulamento que desenvolve a Lei 1/1993, de 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.)
(*) Excepto os animais potencialmente perigosos que deban ser obxecto da inscrición no Rexistro Municipal de APP.
PRAZOS DE INSCRIPCIÓN:
Á Adquisición dun can sen inscrición ou nacemento: 1 mes
Á transmisión da propiedade ou posesión: 15 días
Á morte ou desaparición a efectos de baixa: 5 días (concedéndose o mesmo prazo a efectos de rehabilitación no caso de aparición)
CIRCULACIÓN E PERMANENCIA NAS VÍAS PÚBLICAS E LOCAIS
Nas vías públicas e os espazos naturais protexidos os cans irán suxeitos con cadea ou correa.
Os cans guía poderán circular libremente nos transportes públicos urbanos, sempre que vaian acompañados polo seu dono e cumpran coas condicións hixiénicas, sanitarias e de seguridade que prevén as Ordenanzas.
Queda expresamente prohibido:
- a entrada ou estancia de animais domésticos en toda clase de locais destinados á fabricación, almacenamento, transporte, venda ou manipulación de alimentos. Excepto os cans guía.
a circulación ou estancia de cans e outros animais nas piscinas públicas e locais de espectáculos públicos, deportivos, culturais e recintos escolares. Excepto os cans guía. - a circulación e permanencia de cans nas praias do municipio durante o período de baño e nos horarios de uso das mesmas.
- deixar as deposicións fecais dos cans nas vías públicas. Os propietarios de cans son responsables de recoller convenientemente os excrementos e depositalos ou en nas bolsas de lixo domiciliario ou naqueles lugares destinados a tal fin.
- que os cans accedan as zonas de xogo infantil das prazas e parques do municipio.
- lavar animais na vía pública e fontes, así como darlles de beber auga directamente das billas das fontes públicas.
A DELEGACIÓN DE MEDIO AMBIENTE DO CONCELLO DE FOZ PON NOS EDIFICIOS MUNICIPAIS Á DISPOSICIÓN DAS PERSOAS PROPIETARIAS DE CANS DO NOSO CONCELLO BOLSAS E PALETAS PARA A RECOLLIDA DE EXCREMENTOS.
DEREITOS DOS ANIMAIS
RAZAS CANINAS CONSIDERADAS APP
American Staffordshire Terrier Pit But Terrier Bullmastif Doberman Dogo argentino |
Dogo de Burdeos Dogo do Tibet Fila brasileño Mastín napolitano Presa canario |
Presa mallorquín (Can de Bou) Rootwailer Staffordshire Bull Terrier Tosa Inu Akita Inu |
Cruces de 1ª xeración destes, cruces destas razas entre sí ou destes con outras razas obtendo unha tipoloxía similar a algunha das razas anteriormente descritas. Aqueles cans que manifesten unha marcada agresividade natural ou inducida polo adestramento, malos tratos ou calquera outro medio. |
OBTENCIÓN DE LICENZAS PARA APP
Única licenza para a persoa propietaria independentemente do número de animais potencialmente perigosos que posúa.
Pasos a seguir para conseguir a licenza: ver pasos
- Documentación necesaria para a solicitude da licenza:
- modelo de solicitude anexo
- Xustificante do abono da taxa municipal correspondente
- Tarxeta acreditativa da licenza: modelo anexo.
- Mantemento da licenza. Obrigatoria cada ano. Doc. Necesaria:
- Póliza de seguro de responsabilidade civil coa cobertura mínima legalmente establecida. (125.000€)
- Certificado de sanidade animal, expedido pola autoridade competente, que acredite con periodicidade anual, a situación sanitaria do animal e a inexistencia de enfermidades ou trastornos que o fagan especialmente perigoso
- Renovación da licenza. Obrigatoria cada 5 anos. Doc. Necesaria:
- Solicitude de renovación.
- Copia compulsada de renovación do seguro de responsabilidade civil.
- Copia compulsada do certificado médico de sanidade do animal efectuado nunha data non anterior a 2 meses á da renovación.
- Xustificante do abono da taxa municipal.
- Certificados de capacidade física e aptitude psicolóxica.
OBTENCIÓN DE LICENZAS PARA ANIMAIS DE COMPAÑÍA
Documentación necesaria para a obtención da licenza de animais de compañía:
- Copia da cartilla sanitaria actualizada.
- Copia do informe subscrito polo veterinario de identificación do animal. (Nº de microchip de identificación: inscrición na REIAC)
- Copia do DNI do propietario ou posuidor do animal.
- Solicitude de inscrición no RMAC.
A inscrición no Rexistro Municipal de Animais de Compañía é gratuíta.
As persoas propietarias ou posuidoras dos animais censados deberán comunicar por escrito ó Concello calquera modificación que se produza en relación dos datos aportados.