Unha man sempre tendida. Os Servizos Sociais do Concello de Foz pretenden que aquelas persoas que precisen unha axuda básica para sacar adiante a súa vida persoal e familiar atopen unha saída digna, coidándonos uns dos outros para conseguir unha sociedade máis xusta. Axudamos a atopar a mellor solución, especialmente se estás ou corres risco de estar en situación de marxinación, exclusión ou carencia.