A Delegación de Medio Ambiente conta con 2 camións de recollida de residuos e 1 camión de caixa aberta para a colocacións de colectores.

Traballan para que esta recollida sexa efectiva 4 condutores e 7 peóns.

ECOCOMERCIO

Ecocomercio é a recollida de cartón porta a porta. O Concello de Foz presta un servizo de recollida de cartón , porta a porta, nas zonas comerciais de maior xeración deste material, co fin de facilitar a súa recuperación e reciclaxe e evitar que o cartón se acumule nas rúas, ensuciándoas.

O Ecocomercio vai dirixido especialmente a atender a demanda dos pequenos e medianos empresarios e empresarias das zonas comerciais, e pretende liberar de papel-cartón os colectores existentes nos seus arredores que, con frecuencia, se saturan polos residuos xerados polos comercios.

É un servizo gratuíto en todo o casco urbano (outras zonas consultar). 

Os días de recollida son os martes e os venres ás 10:00h, efectuando a alta do servizo no correo medioambiente@concellodefoz.es

Requírese:

  • As caixas de cartón deberanse abrir e comprimir para reducir o volume dos residuos.
  • O papel deberase presentar en bolsas ou caixas pechadas para evitar o esparaxamento.
  • O cartón deberá estar preparado para a recollida na porta do establecemento, pregado e atado con cordel en fardos pequenos e manexables (menos de 10 kg)