QUE É:

punto limpo é unha instalación de agrupamento de residuos domiciliarios no que se levan a cabo as seguintes actividades:

  • Control e recepción de residuos á chegada ó Centro.
  • Clasificación e agrupamento dos residuos de natureza compatible.
  • Expedición dos residuos ata as diferentes instalacións de reciclaxe de cada un deles.

Os Puntos Limpos constitúen, polo tanto un sistema de recollida selectiva que reducen as cantidades de residuos eliminados en vertedoiros e evitan os verteduras incontroladas.

HORARIOS
Día Horario de mañá Horario de tarde
Luns De 9h a 13h De 16h a 18h
Mércores De 9h a 13h De 16h a 18h
Venres De 9h a 13h De 16h a 18h
Sábado De 9h a 13h

Para saber máis sobre:

  • Qué podemos levar
  • Cómo funciona
  • Qué facemos cos residuos
  • Consellos para a separación colectiva

O Concello de Foz dispón dun servizo de Punto Limpo Móbil que se despraza polas distintas parroquias e barrios do Concello. A través das Redes Sociais do Concello de Foz iremos informando da súa ubicación en cada momento.