ADL

Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local de Foz, configurouse dende o ano 2004 como un servizo de promoción do desenvolvemento local e social a nivel municipal e ten como obxectivos fundamentais a creación de emprego, o aumento de tecido empresarial e o desenvolvemento local.

promoción económica neste Concello supón sen dúbida o aspecto clave para combatir o paro, xa que sin empresas non hai emprego, por iso as actuación levadas a cabo nesta Axencia están dirixidas a poñer tódolos medios ó noso alcance para favorecer a instalación de empresas no noso municipio e áreas máis próximas de influencia, consolidando o crecemento das xa existentes e fomentando a creación de novas iniciativas empresariais.

Os programas que configuran a área de emprego deste Concello, teñen como denominador común a pretensión de dar oportunidade ós desempregados e desempregadas, de mellorala súa formación e habilidades para que sexan máis competentes e teñan maiores posibilidades de atopar un traballo, é dicir mellorala empregabilidade, que na Axencia de Desenvolvemento Local realizanse a través de dúas liñas básicas de acción: Programas de Emprego e Formación e Servizo de Información e Orientación Laboral.

Os programas de emprego e formación, proporcionan formación ocupacional, có obxectivo de que os seus participantes obteñan unha cualificación naqueles perfís profesionais máis demandados polo mercado de traballo local.

Servizo de Información e Orientación laboral, permite incrementar os recursos, capacidades e competencias persoais das persoas que buscan traballo, así como incrementala súa motivación para que se desenvolvan mellor na búsqueda de emprego.

Estos programas están dirixidos a tódalas persoas desempregadas do noso Concello, pero con unha atención preferente por aqueles colectivos con maiores dificultades de inserción laboral, debido á súa situación persoal e sociofamiliar.