Conéctate a Wifi4eu Foz e navega desde as 4 prazas de wifi gratis no noso Concello.

·Concello
·Praza Salgado Toimil
·Praza Conde de Fontao
·Campo da Cabana

Dispoñibles 24 horas ao día, 7 días á semana. A pesar de ser unha wifi libre, cumpren con estándares de alta seguridade, contando con todas as garantías como se fose unha wifi privada.

Para poder navegar de xeito gratuíto en calquera destes puntos, tan só debes seleccionar a Wifi4eu no teu móbil e rexistrarte a través de sms. Obterás un usuario e contrasinal para poder entrar no noso portal e navegar por internet.

Catro ubicacións de acceso a internet grazas á financiación da Unión Europea.