O Arquivo é unha plataforma para a preservación e difusión do patrimonio documental, dixitalizado polo Concello de Foz e con orixe en diferentes fondos fotográficos, documentais e de particulares.
A maiores, buscouse de forma intencionada poñer en valor o moitas veces esquecido e fundamental papel das mulleres, cunha colección de imaxes que reflexan moitas das labores que realizaron neses anos.
É un proxecto vivo que se inicia co enorme legado mariñeiro de Foz, pero que se irá ampliando a diversos ámbitos da historia focega.