Aula UNED de Foz

A creación da Aula Universitaria de Foz ten como obxecto a aplicación das novas tecnoloxías a ensinanza a distancia para que se poida realizar de xeito máis amplio e eficaz.

Esta Aula Universitaria de Foz pretende:

  • o fortalecemento da tutorización a distancia para as carreiras que se imparte en dita aula.
  • a enorme potenciación de todalas actividades de ensinanzas non regulamentadas, as cales se están desenvolvendo cun gran éxito e que se programan anualmente potenciando as novas tecnoloxías, os idiomas… etc. Fomentando así a dinamización cultural.

A Aula Universitaria de Foz conta co Curso de Acceso para maiores de 25 anos, o primeiro curso da Diplomatura de Turismo e con todolos servizos administrativos para a matriculación en todalas titulacións que ofrece a UNED.

A Aula Universitaria de Foz conta cunha coordinadora, unha administrativa, un bibliotecario, un despacho de coordinación, unha aula de informática, unha aula de videoconferencia, unha aula de profesores/as e diferentes aulas de formación.

Secretaría

Na Secretaría da Aula Universitaria de Foz infórmase ó alumnado sobre cómo realizar certos trámites académicos e formalizar tanto a preinscrición como a matrícula. Asimesmo, é aquí onde os/as alumnos/as poden solicitar modelos de instancias que lles servirán para obter certificacións académicas, convalidacións, peticións de títulos ou traslados de expedientes da UNED a outra universidade. A Secretaría é un centro de información onde o/a alumno/a encontrará as respostas as súas preguntas á hora de realizar as tramitacións anteriores, así como orientación sobre os requisitos de acceso a cada unha das diferentes ensinanzas que nesta Aula se imparten.

 

Admisión

Únicamente deberán solicitar a admisión aqueles estudiantes:

  • Que fixeran as probas de Selectividade noutra Universidade.
  • Procedentes de COU sin selectividade.
  • Que fixeran as Probas de Acceso para Maiores de 25 anos noutra Universidade, (a admisión quedará condicionada a que a súa Universidade lles conceda o traslado de expediente).
  • Que xa estén estudiando noutra Universidade e queiran estudiar na UNED.

 

Os/as estudiantes que soliciten admisión deberán poseer os estudios previos necesarios para cursar a carrera elexida.

Os/as estudiantes que houberan feito a Selectividade ou o Curso de Acceso para maiores de 25 años na UNED non ten que solicitar admisión. O traslado de expediente o a simultaneidade, no caso de ser necesario, realizarísase coa matrícula.

Os/as estudiantes procedentes da UNED, ou de outra Universidade que queiran cambiar de carreira ou simultanear estudios, non deberán solicitar admisión si iniciaron estos estudios cun título universitario. Poden formalizar a súa matrícula directamente, nos prazos previstos aportando fotocopia compulsada do seu título.

Tramitación de solicitudes de Admisión

Poderán solicitar a admisión a través do impreso electrónico dispoñible no servidor Web da UNED: (http://www.uned.es), seguindo as instruccións que se indican no mesmo.

Tamén poden solicitar a admisión co impreso normalizado que pode adquirirse na Aula Universitaria de Foz así como nos Centros Asociados da UNED.

Unha vez cuberta a solicitude deberán remitila por correo certificado á dirección que se lle facilitará na secretaría, puesto que cada titulación da UNED dispón de diferentes apartados de correos.

Deberán conservar a copia do impreso coa inscripción “Ejemplar para el/la solicitante”, debidamente selada pola oficina de Correos.

Unha vez recibida a aceptación da solicitude de praza, deberán proceder a tramitar o traslado de expediente ou, no seu caso, a simultaneidade, na Universidade de orixe.

Matrícula

A matrícula das Carreiras Universitarias, Doctorados, Cursos de Adaptación o Segundo Ciclo, Curso de Acceso para Maiores de 25 anos, Cursos de Formación do Profesorado, Programa de Ensinanza Aberta, Máster, Especialista, Expertos e Expertos profesionais, que imparte a UNED poderanse realizar nesta Aula, á que debe dirixirse o/a alumno/a para a adquisición do sobre de matrícula.

Tamén existe a posibilidade de realizar a matrícula a través de Internet para as Carreras Universitarias, Cursos de Adaptación e Curso de Acceso para maiores de 25 anos. Os/as alumnos/as que elixan esta modalidade poderan abonar o importe a través de tarxeta de crédito ou poderan domiciliar o pago.

Cursos de extensión universitaria

O longo do curso académico, a Aula Universitaria da UNED organiza diferentes cursos de extensión universitaria, abertos a todas as persoas interesadas, sexan ou non alumnos/as da UNED.

Videoconferencias

A videoconferencia é un sistema de comunicación, en tempo real, que permite manter reunións entre varias personas que se atopan en lugares distantes, con transmisión tanto de imaxe como de son, en ambos sentidos.

Os/as interlocutores/as vense e falanse como si estiveran na mesma sala de reunións.

A Biblioteca da Aula Universitaria de Foz está constituida por un fondo bibliográfico que comprende a bibliografía básica das asignaturas de Acceso para Maiores de 25 anos e Turismo, que se tutorizan actualmente.

O sistema empregado para a xestión bibliotecaria é o PROGRAMA MEIGA.

Servicios

A Biblioteca conta con arredor de 50 postos de lectura e dous postos informáticos con acceso a INTERNET.

Todo o fondo da Biblioteca é obxeto de préstamo a alumnos/as, tutores/as e PAS da UNED, a excepción do material propio da Biblioteca do IES.

Normas básicas e xerais

  • Debese gardar silencio
  • Non está permitido fumar, comer ou beber
  • Os teléfonos móbiles deberán permanecer desconectados
  • É convinte levar consigo o carnet que acredite estar relacionado coa UNED
  • O período de préstamo é de 7 días, ata un máximo de 2 obras. Renovable mentras outro/a usuario/a non efectúe a reserva do exemplar en cuestión.

Normas de préstamo

  1. Só se efectúan préstamos a alumnos/as, titores/as e PAS da UNED. De xeito EXCEPCIONAL, poderase retirar libros da Biblioteca a persoa a que o titular do carnet autorice expresamente, cubrindo o impreso que leva por nombre FORMULARIO DE AUTORIZACIÓN. Este formulario deberá ser cuberto e presentado na Biblioteca cada vez que se desexe efectuar un préstamo.
  2. O horario de préstamo é o mesmo que o da Biblioteca: de 16.30 a 20.30 horas en período lectivo. Si o horario sufrise modificaciones en épocas estivales, sería notificado con antelación.
  3. A renovación dos préstamos pode efectuarse de forma telefónica ou mediante e-mail, sempre e cando outro/a usuario/a non efectuase reserva dos ezemplares en cuestión.
  4. Ós/Ás usuarios/as que non respetasen a norma anterior, impondráselles un día sin préstamo por día de demora e por número de documentos.