Blog do Cronista Oficial de Foz
Xoán Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz desde xullo do ano 2021, naceu en Foz en 1965 e é licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela na especialidade de Historia Contemporánea. Encargado do Centro de Interpretación do Camiño Norte en Mondoñedo, foi presidente da Asociación Cultural A Pomba do Arco e resulta un historiador prolífico, con obras de ensaio como Recompilación da memoria histórico-local do Concello de Foz en colaboración con Pilar López, O Camiño de Santiago na Mariña Lucense, O Mariscal Pardo de Cela e o seu tempo: I Xornadas de Estudios Medievais da Mariña Central, San Gonzalo. Bispo Mindoniense, Hospitalidade e peregrinación. O camiño do norte na Mariña luguesa, O Camiño do Mar, ademais de articulista en revistas como Revista de Historia Naval, Candea Branca, Nova Ardentía, a dixital Terra e Tempo ou o diario El Progreso.
XOSÉ ALONSO RAMOS, UN BENFEITOR DE VILARONTE.
Matrimonio galego de fins XIX. Sindo Penelas García, en Ollar Galicia. Neste artigo imos falar da figura, que non da obra, dun veciño de Vilaronte; intentarémonos achegar á vida de Xosé Alonso Ramos. Vida que ten valor pola súa obra, a fundación da escola pía de...
TORMENTAS QUE ASOLARON A MARIÑA DE LUGO.
Nestes tempos que corren ímonos acostumando a que as tormentas sexan máis intensas, máis prolongadas e máis habituais. Para uns esta situación responde a un cambio climático e para outros esa razón non existe, por non existir nin existe o cambio climático; alá eles....
A FESTA DE SAN BRAIS. VILAXOANE.
Comentaba na prensa de 1974 o noso anterior cronista oficial (Suso do Bahía) que o ciclo festivo do concello de Foz tiña o seu inicio coa festa de San Brais e o seu fin coa de Santo Acisclo e non lle faltaba razón, no que a festas se refire, porque se falamos de...
PRECURSORES DA FUNDACIÓN BENÉFICA MARTÍNEZ OTERO.
Cando pensamos en filántropos focegos ímonos sempre ás figuras do matrimonio formado por don Eliseo Martínez Pillado e por dona Pilar Otero Pillado. Certamente, foron os grandes filántropos focegos, pero non son os primeiros. Neste artigo non imos abordar aos...
LUCES E SOMBRAS DE ELISEO MARTINEZ PILLADO
Neste mes de decembro do 2024 terá lugar o primeiro centenario do falecemento de Eliseo Martínez Pillado; por esta razón coidamos necesario publicar unha serie de artigos encamiñados a dar luz sobre esta figura e a da súa esposa Pilar Otero Pillado. Antes de comezar...
POLO FOZ DE 1924 SEGUNDO A PRENSA.
Fotografía do porto e da Ribeira de Foz. Ruth Matilda Anderson. 1924. A razón deste título débese a que para facer unha historia municipal, completa, dese ano de 1924 deberíamos de consultar a documentación xerada polo concello (actas municipais, padróns de...