BASES TI POS NOME AS RUAS DE FOZ
O Concello de Foz abre o prazo para que a veciñanza participe na elección do nome de once rúas do casco urbano.
O período para presentar propostas estará dispoñible desde o 30 de abril ata o 31 de maio. Cada persoa pode propoñer ata tres nomes diferentes que deben estar vinculados, obrigatoriamente, con Foz. Os criterios de selección inclúen nomes de accidentes xeográficos, personaxes ilustres, mulleres relevantes ou calquera outra temática de importancia local, debidamente xustificada. Quedan excluídas as figuras políticas para evitar duplicidades con outras rúas xa existentes
Os interesados poden entregar as súas suxestións de forma presencial cubrindo o FORMULARIO na Casa do Concello, no CENIMA ou a Biblioteca Pública Municipal Salgado Toimil
Tamén se permite o envío a través de correo electrónico no enderezo participacioncidada@concellodefoz.es empregando o FORMULARIO
Unha vez finalizado o prazo de recepción realizarase unha revisión técnica das propostas para comprobar que cumpren as bases. As opcións válidas pasarán a unha fase de consulta pública aberta aos veciños empadroados. Finalmente os nomes elixidos pola cidadanía serán avaliados pola xunta de voceiros antes da súa aprobación definitiva no pleno municipal

