Dentro da programación especial do 8M, Contraproducións achega este venres a súa obra Cigarreiras.

💬 Unha versión teatral de Cándido Pazó sobre a obra La Tribuna, que conta as vidas das traballadoras e pioneiras no ámbito laboral da fábrica de Tabacos coruñesa.

Unha obra con sete actrices moi coñecidas na que veremos o duro traballo co que as mulleres sacaban adiante ás súas familias. Facendo labores do tabaco que consumían os homes. Un amor socialmente imposible. Unha época na que o ocaso dos Borbóns está próximo e a piques de chegar a República.

📆 Venres 8 marzo

🕣 20:30h

📍 Sala Bahía

🎟 5€