Sarabela Teatro pon en escea o seu espectáculo Asemblea Xeral.
💬 Os animais sofren a peste e, crendo que é un castigo do ceo, buscan un culpable entre eles para sacrificalo. Con ese fin, acordan unha asemblea xeral onde cada un confesará as súas faltas.
A súa principal fonte é a fábula Os animais apestados de La Fontaine e o seu argumento expón, no símil entre as actitudes dos animais e os humanos; a confesión pública dos pecados de cada un para librarse dunha epidemia de peste que arrasa o país e que se interpreta coma un castigo divino.
Neste proceso público quedan desenmascarados os hipócritas e aduladores, o poder despótico. Constitúe unha boa crítica da inxustiza que supón a administración da xustiza cando protexe ao poderoso aínda sendo culpable e busca como vítima propiciatoria ao ser máis indefenso.
📆 Domingo 10 marzo
🕛 12:00h
📍 Sala Bahía
🎟 Xeral: 3€ Infantil: 2€
🧒 A partir de 7 anos