Programa vacacións IMSERSO

Requisitos:

  • Ter como mínimo 65 anos cumpridos
  • Ser pensionista de xubilación do Sistema Público de Pensións
  • Ser pensionista de viuvez do Sistema Público de Pensións, cuxa idade sexa igual ou superior a 55 anos
  • Outros/as pensionistas do Sistema Público de Pensións e prexubilados/as, en ámbolos dous casos deben ter cumpridos os 60 anos
  • Cubrir a solicitude

Consideraranse beneficiarios/as, en calidade de acompañantes, os cónxuxes destas persoas, aínda que non é preciso que reúnan os requisitos de idade e pensión.

Admitirase como acompañante un fillo ou filla con discapacidade, que teña un grao de minusvalía igual ou superior ao 45%, sempre que a viaxe a realice con seus pais e ocupe unha cama supletoria na mesma habitación do hotel. Deberá cumprimentarse o apartado correspondente da solicitude cos datos do/a fillo/a.

En calquera dos casos, as persoas solicitantes deberán valerse por si mesmas e non padecer alteracións do comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.

Solicitude:

Se xa se acreditou para viaxar a tempada pasada, non é necesario que cumprimente unha nova solicitude, posto que o IMSERSO xa se puxo en contacto con vostede para a renovación dos datos.

Se accede por primeira vez ao Programa de Vacacións ou reanuda a súa participación tras un período inactivo, deberá formalizar a solicitude ou ben achegarse ao Centro Social de Foz para cumprimentala. Debe levar consigo o seu DNI e a contía da súa pensión.

Facer a solicitude

Programa termalismo social

Programa de Termalismo Social, para destinos de balnearios, podemos optar por dúas modalidades:

  • IMSERSO: España
  • XUNTA DE GALICIA: Galicia

Requisitos:

  • Ser pensionista do Sistema Público de Pensións polos conceptos de xubilación e de invalidez, en todo caso, polo concepto de viuvez ou doutras pensións, unicamente cando a persoa beneficiaria teña cumpridos os 60 anos. Tamén poderán ser beneficiarias das prazas as persoas españolas residentes no exterior, sempre que perciban unha pensión pública, teñan máis de 60 anos e cumpran co resto de requisitos.
  • Non padecer trastornos mentais graves que poidan alterar a normal convivencia nos establecementos, nin enfermidade infecto-contaxiosa.
  • Poder valerse por si mesmo/a
  • Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos
  • Ter unha minusvalía dun igual ou superior ao 45%
  • Realizar a solicitude

Solicitude:

Poderá realizar a solicitude no Centro Social, que deberá ser acompañada de expediente médico que acredite a necesidade de tratamento termal.

Programa turismo social

Requisitos:

  • Ter como mínimo 65 anos cumpridos
  • Ser pensionista de xubilación do Sistema Público de Pensións
  • Ser pensionista de viuvez do Sistema Público de Pensións, cuxa idade sexa igual ou superior a 55 anos
  • Outros/as pensionistas do Sistema Público de Pensións e prexubilados/as, en ámbolos dous casos deben ter cumpridos os 60 anos
  • Ter unha minusvalía dun igual ou superior ao 45%
  • Cubrir a solicitude

Consideraranse beneficiarios/as, en calidade de acompañantes, os cónxuxes destas persoas, aínda que non é preciso que reúnan os requisitos de idade e pensión.

Admitirase como acompañante un fillo ou filla con discapacidade, que teña un grao de minusvalía igual ou superior ao 45%, sempre que a viaxe a realice con seus pais e ocupe unha cama supletoria na mesma habitación do hotel. Deberá cumprimentarse o apartado correspondente da solicitude cos datos do/a fillo/a.

En calquera dos casos, as persoas solicitantes deberán valerse por si mesmas e non padecer alteracións do comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.

Solicitude:

Se xa se acreditou para viaxar a tempada pasada, non é necesario que cumprimente unha nova solicitude, posto que o IMSERSO xa se puxo en contacto con vostede para a renovación dos datos.

Destinos:

A través do IMSERSO podemos viaxar a:

  • Andalucía, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana
  • Baleares
  • Canarias
  • Portugal, 8 días
  • Viaxes Culturais, 6 días
  • Turismo de Natureza, 5 días

O Concello de Foz establece un convenio co IMSERSO para transportar ás persoas ata Santiago que teñan como destino vacacional Cataluña ou a Comunidade Valenciana.

Se optamos polo Turismo Social da Xunta de Galicia, podemos optar a destinos en Portugal.

Bailes

Todos os domingos na Sala Bahía ten lugar un baile para as persoas maiores. Sendo o acceso libre e gratuíto.

O horario desta actividade é o seguinte:

Inverno: de 19h. a 22h.
Verán: de 20h. a 23h.
Axuda a domicilio

Servizo de Axuda a domicilio pretende dar a posibilidade de que as persoas maiores, aínda que con dependencia psíquica ou física crecentes, manteñan o seu domicilio e preserven a súa propia rede social, familia, de amizades, veciños/as, …

É un servizo no que no domicilio da persoa usuaria se realizarán tarefas de atención doméstica, de coidado persoal e/ou educación familiar e/ou doméstica, que melloren a calidade de vida no fogar.

Pode solicitar este servizo no Centro Social

Documentación a presentar:

  • D.N.I
  • Tarxeta sanitaria
  • Revalorización da pensión
  • Certificado de empadroamento e convivencia
  • Declaración da Renda de todas persoas maiores de 18 anos que conviven coa persoa solicitante
  • Informe médico (No Centro Social proporcionarémoslle o modelo)
Teleasistencia

A súa misión é atender ás persoas dependentes mediante o uso de tecnoloxías da comunicación e da información e apoio dos medios persoais necesarios ante situacións de emerxencia, inseguridade, soidade e illamento, favorecendo a permanencia no seu medio. É un servizo de máxima intensidade que se presta as 24 horas durante os 365 días do ano.

Requisitos:

  • Estar empadroado/a con 1 ano de antigüidade en Galicia
  • Dispoñer dunha liña telefónica convencional
  • Facer pago do servizo(en base aos ingresos da persoa):
    • Se os ingresos son maiores do 75% do IPREM: 5€
    • Se os ingresos son menores do 75% do IPREM: gratuíto

Documentación a presentar:

  • D.N.I
  • Tarxeta sanitaria
  • Revalorización da pensión
  • Certificado de empadroamento e convivencia
Persoas con discapacidade

Delegación de Servizos Sociais presta un servizo de atención e formación a persoas discapacitadas de luns a venres, en horario de 10h. a 13h. dende o mes de setembro ata o mes de xuño. Neste servizo se alternan os talleres formativos con actividades lúdico-deportivas. É un servizo gratuíto.

Roupeiro municipal

Delegación de Servizos Sociais creou xunto cun colectivo voltuntario un roupeiro municipal, cuxo obxectivo é proporcionar recursos ás persoas con maiores carencias.

Así, na rúa Concello de Ribadeo número 13, estará este servizo, no que as persoas que desexen doar roupa poderán facelo e as persoas con graves carencias poderán probar a roupa existente e levala para poder satisfacer as necesidades das súas familias.

Este roupeiro está aberto no seguinte horario:

Mércores de 17h. a 19h.
Venres de 17h. a 19h.