Programa vacacións IMSERSO
Requisitos:
- Ter como mínimo 65 anos cumpridos
- Ser pensionista de xubilación do Sistema Público de Pensións
- Ser pensionista de viuvez do Sistema Público de Pensións, cuxa idade sexa igual ou superior a 55 anos
- Outros/as pensionistas do Sistema Público de Pensións e prexubilados/as, en ámbolos dous casos deben ter cumpridos os 60 anos
- Cubrir a solicitude
Consideraranse beneficiarios/as, en calidade de acompañantes, os cónxuxes destas persoas, aínda que non é preciso que reúnan os requisitos de idade e pensión.
Admitirase como acompañante un fillo ou filla con discapacidade, que teña un grao de minusvalía igual ou superior ao 45%, sempre que a viaxe a realice con seus pais e ocupe unha cama supletoria na mesma habitación do hotel. Deberá cumprimentarse o apartado correspondente da solicitude cos datos do/a fillo/a.
En calquera dos casos, as persoas solicitantes deberán valerse por si mesmas e non padecer alteracións do comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.
Solicitude:
Se xa se acreditou para viaxar a tempada pasada, non é necesario que cumprimente unha nova solicitude, posto que o IMSERSO xa se puxo en contacto con vostede para a renovación dos datos.
Se accede por primeira vez ao Programa de Vacacións ou reanuda a súa participación tras un período inactivo, deberá formalizar a solicitude ou ben achegarse ao Centro Social de Foz para cumprimentala. Debe levar consigo o seu DNI e a contía da súa pensión.
Programa termalismo social
O Programa de Termalismo Social, para destinos de balnearios, podemos optar por dúas modalidades:
- IMSERSO: España
- XUNTA DE GALICIA: Galicia
Requisitos:
- Ser pensionista do Sistema Público de Pensións polos conceptos de xubilación e de invalidez, en todo caso, polo concepto de viuvez ou doutras pensións, unicamente cando a persoa beneficiaria teña cumpridos os 60 anos. Tamén poderán ser beneficiarias das prazas as persoas españolas residentes no exterior, sempre que perciban unha pensión pública, teñan máis de 60 anos e cumpran co resto de requisitos.
- Non padecer trastornos mentais graves que poidan alterar a normal convivencia nos establecementos, nin enfermidade infecto-contaxiosa.
- Poder valerse por si mesmo/a
- Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos
- Ter unha minusvalía dun igual ou superior ao 45%
- Realizar a solicitude
Solicitude:
Poderá realizar a solicitude no Centro Social, que deberá ser acompañada de expediente médico que acredite a necesidade de tratamento termal.
Programa turismo social
Requisitos:
- Ter como mínimo 65 anos cumpridos
- Ser pensionista de xubilación do Sistema Público de Pensións
- Ser pensionista de viuvez do Sistema Público de Pensións, cuxa idade sexa igual ou superior a 55 anos
- Outros/as pensionistas do Sistema Público de Pensións e prexubilados/as, en ámbolos dous casos deben ter cumpridos os 60 anos
- Ter unha minusvalía dun igual ou superior ao 45%
- Cubrir a solicitude
Consideraranse beneficiarios/as, en calidade de acompañantes, os cónxuxes destas persoas, aínda que non é preciso que reúnan os requisitos de idade e pensión.
Admitirase como acompañante un fillo ou filla con discapacidade, que teña un grao de minusvalía igual ou superior ao 45%, sempre que a viaxe a realice con seus pais e ocupe unha cama supletoria na mesma habitación do hotel. Deberá cumprimentarse o apartado correspondente da solicitude cos datos do/a fillo/a.
En calquera dos casos, as persoas solicitantes deberán valerse por si mesmas e non padecer alteracións do comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.
Solicitude:
Se xa se acreditou para viaxar a tempada pasada, non é necesario que cumprimente unha nova solicitude, posto que o IMSERSO xa se puxo en contacto con vostede para a renovación dos datos.
Destinos:
A través do IMSERSO podemos viaxar a:
- Andalucía, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana
- Baleares
- Canarias
- Portugal, 8 días
- Viaxes Culturais, 6 días
- Turismo de Natureza, 5 días
O Concello de Foz establece un convenio co IMSERSO para transportar ás persoas ata Santiago que teñan como destino vacacional Cataluña ou a Comunidade Valenciana.
Se optamos polo Turismo Social da Xunta de Galicia, podemos optar a destinos en Portugal.
Bailes
Todos os domingos na Sala Bahía ten lugar un baile para as persoas maiores. Sendo o acceso libre e gratuíto.
O horario desta actividade é o seguinte:
Inverno: | de 19h. a 22h. |
Verán: | de 20h. a 23h. |
Axuda a domicilio
O Servizo de Axuda a domicilio pretende dar a posibilidade de que as persoas maiores, aínda que con dependencia psíquica ou física crecentes, manteñan o seu domicilio e preserven a súa propia rede social, familia, de amizades, veciños/as, …
É un servizo no que no domicilio da persoa usuaria se realizarán tarefas de atención doméstica, de coidado persoal e/ou educación familiar e/ou doméstica, que melloren a calidade de vida no fogar.
Pode solicitar este servizo no Centro Social
Documentación a presentar:
- D.N.I
- Tarxeta sanitaria
- Revalorización da pensión
- Certificado de empadroamento e convivencia
- Declaración da Renda de todas persoas maiores de 18 anos que conviven coa persoa solicitante
- Informe médico (No Centro Social proporcionarémoslle o modelo)
Teleasistencia
A súa misión é atender ás persoas dependentes mediante o uso de tecnoloxías da comunicación e da información e apoio dos medios persoais necesarios ante situacións de emerxencia, inseguridade, soidade e illamento, favorecendo a permanencia no seu medio. É un servizo de máxima intensidade que se presta as 24 horas durante os 365 días do ano.
Requisitos:
- Estar empadroado/a con 1 ano de antigüidade en Galicia
- Dispoñer dunha liña telefónica convencional
- Facer pago do servizo(en base aos ingresos da persoa):
- Se os ingresos son maiores do 75% do IPREM: 5€
- Se os ingresos son menores do 75% do IPREM: gratuíto
Documentación a presentar:
- D.N.I
- Tarxeta sanitaria
- Revalorización da pensión
- Certificado de empadroamento e convivencia
Persoas con discapacidade
A Delegación de Servizos Sociais presta un servizo de atención e formación a persoas discapacitadas de luns a venres, en horario de 10h. a 13h. dende o mes de setembro ata o mes de xuño. Neste servizo se alternan os talleres formativos con actividades lúdico-deportivas. É un servizo gratuíto.
Roupeiro municipal
A Delegación de Servizos Sociais creou xunto cun colectivo voltuntario un roupeiro municipal, cuxo obxectivo é proporcionar recursos ás persoas con maiores carencias.
Así, na rúa Concello de Ribadeo número 13, estará este servizo, no que as persoas que desexen doar roupa poderán facelo e as persoas con graves carencias poderán probar a roupa existente e levala para poder satisfacer as necesidades das súas familias.
Este roupeiro está aberto no seguinte horario:
Mércores | de 17h. a 19h. |
Venres | de 17h. a 19h. |