Avd. da Ribeira
27780 Foz (Lugo)
Tlf: 982. 13 35 66 / Fax: 982. 14 02 21
e mail: muller@concellodefoz.es

Horario xeral:
Luns a venres: de 08h a 15h
Horario de verán (Do 1 xuño a 31 agosto):
Luns a venres: de 08h a 14h

 

 

 

Delegación da Muller do Concello de Foz traballa para acadar unha igualdade efectiva entre homes e mulleres, tentando superar a brecha de desigualdade existente.

Para esto, a colaboración coas asociacións de mulleres do municipio é fundamental. A través de diferentes actividades de sensibilización e formación, así como de asesoramento, trabállase para acadar este obxectivo.

Esta Delegación pon a disposición das mulleres os recursos e instrumentos necesarios para intentar lograr unha convivencia en igualdade.

Non dubides en poñerte en contacto connosco para calquera consulta.

 

PUNTO DE INFORMACIÓN Á MULLER

No Centro Social de Foz, realízase unha labor de asesoramento e información coa atención dunha psicóloga e dunha avogada.

Préstase un servizo de información e asesoramento preciso para mulleres, especialmente ás vítimas da violencia. Ofrécense posibilidades, recursos, atención, apoio, resolución de consultas xurídicas,…

Pode acudir os mércores, en horario de 11h. a 13h.

 

PLAN DE IGUALDADE

O Concello de Foz aprobou no mes de marzo de 2009 o I Plan de Igualdade, que ten unha temporalización de 2009 a 2012. As áreas que se tratan neste Plan son un total de 6:

  • Sensibilización e Promoción Municipal da Igualdade
  • Participación Social e Asociacionismo
  • Educación, Cultura e Xuventude
  • Benestar Social, Saúde e Deporte
  • Formación e Emprego
  • Violencia de xénero

A loita pola igualdade de oportunidades entre homes e mulleres supón un esforzo conxunto entre Administracións, axentes sociais, asociacións, centros educativos,… Só o traballo real e coordinado entre todos/as impulsará este Plan.

Por este motivo créase á vez que este Plan, un Consello da Igualdade, onde están representados/as diferentes axentes sociais, asociacións, … así como traballadores/as do Concello. É un órgano consultivo, asesor, de participación e seguimento que ten como obxectivo principal incentivar a participación social na loita pola igualdade de oportunidades entre mulleres e homes nos diferentes ámbitos. Así como promover esta igualdade a través de iniciativas e velar polas condicións que a posibiliten.