PLAN DE IGUALDADE

O Concello de Foz aprobou no mes de marzo de 2009 o I Plan de Igualdade, que ten unha temporalización de 2009 a 2012. As áreas que se tratan neste Plan son un total de 6:

  • Sensibilización e Promoción Municipal da Igualdade
  • Participación Social e Asociacionismo
  • Educación, Cultura e Xuventude
  • Benestar Social, Saúde e Deporte
  • Formación e Emprego
  • Violencia de xénero

A loita pola igualdade de oportunidades entre homes e mulleres supón un esforzo conxunto entre Administracións, axentes sociais, asociacións, centros educativos,… Só o traballo real e coordinado entre todos/as impulsará este Plan.

Por este motivo créase á vez que este Plan, un Consello da Igualdade, onde están representados/as diferentes axentes sociais, asociacións, … así como traballadores/as do Concello. É un órgano consultivo, asesor, de participación e seguimento que ten como obxectivo principal incentivar a participación social na loita pola igualdade de oportunidades entre mulleres e homes nos diferentes ámbitos. Así como promover esta igualdade a través de iniciativas e velar polas condicións que a posibiliten.