Mai 12, 2023 | Novas

A Mancomunidade de Concellos A Mariña Lucense está a levar a cabo a Campaña de difusión entre grandes xeradores (panaderías, peixerías, froiterías, hoteis, restaurantes…) sobre a recollida selectiva de orgánicos que se implantará no Concello de Foz nos vindeiros meses a través do colector marrón.

Por este motivo estes días os establecementos, recibirán información a través das visitas da empresa que se encarga de realizar a campaña, financiada por Fondos Next Generation.