I.E.S. DE FOZ

Na aula Universitaria de Foz tutorízanse, desde o curso 2006-2007, o Curso de Acceso á Universidade para maiores de 25 e 45 anos (CAD) e o Grado de Turismo (presenciais), amén se ofrecen tutorías por videoconferencia e webconferencia dos diferentes graos que oferta o Centro Asociado da UNED de Lugo, ademais de contar con tódolos servizos de asesoramento (becas, convalidacións,…) e administrativos para a matriculación en calquera das titulacións que oferta a UNED. Dispoñemos dunha Biblioteca con sala de lectura, servizo de préstamo a domicilio e préstamo interbibliotecario, acceso a Internet e WI-FI. Os/as alumnos/as da UNED e calquera persoa que o desexe pode acceder á programación de actividades de Extensión Universitaria que ofertamos cada curso académico.

Rúa Castelao s/n – 27780 – Foz (Lugo) (IES de Foz)
Tlf: 982 133 699
Fax: 982 132 839
Correo electrónico: foz@lugo.uned.es
web: http://www.lugo.uned.es/es/informacin/aula-de-foz