La Costa Foz Clube de Béisbol, nace da iniciativa posta en marcha por varias persoas amantes deste deporte, a mediados do ano 2007, buscando a creación en Foz dun equipo de béisbol que poda entrar a competir na Liga Xunta de Galicia de Béisbol.

Os adestramentos do equipo se inician no mes de Outubro do 2007, contando co patrocinio do propietario del pub “LA TABERNA” de Foz, grazas a quen é posible conseguir o material necesario para iniciar o proxecto; e a colaboración do Concello de Foz, permitindo os adestramentos no campo de fútbol do CEIP O Cantel, onde se veñen realizando tódolos sábados (que non chove) de 16:00 a 19:00 horas.

O equipo conta na actualidade con 17 xogadores de diversas nacionalidades, entre eles hai persoas que xogaron con anterioridade a este deporte e outros que se inician nel por primeira vez, estando abertas as súas portas a calquera persoa a partires dos 14 anos.

Para contactar co equipo poden facelo achegándose ata o adestramento nos días e horas antes salientados ou a través da dirección de correo electrónico: lacostafozcb@yahoo.es .

Para este ano 2008 o equipo ten pensado organizar varios partidos amigables con outros equipos galegos, coa intención de promocionar este deporte na Mariña lucense e prepararse de cara á súa futura participación na Liga Xunta de Galicia, se pode ser no vindeiro ano 2009.