I.E.S. DE FOZ

R/ Castelao s/n – 27780 Foz
Email:  ies.foz@edu.xunta.es
Web: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesfoz/
 +34 982 141 544
 +34 982 140 460
 +34 982 132 413
 +34 669 786 746

Titularidade: Pública

Oferta educativa:

  • Educación Secundaria Obrigatoria (ESO):
    • Itinerario A, enfocado ao Bacharelato de Ciencias da Natureza e da Saúde
    • Itinerario B, enfocado ao Bacharelato de Ciencias da Natureza e da Saúde e aos Ciclos Formativos de Formación Profesional
    • Itinerario C, enfocado ao Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais
  • Educación Secundaria Postobrigatoria (ESPO):
    • Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais, en quenda diúrna e de adultos.
    • Bacharelato de Ciencias da Natureza e da Saúde, ofertando a materia de Tecnoloxía Industrial como optativa.
  • Ciclos Formativos:
    • Ciclo Superior de Restauración, con duración de dous anos.
    • Ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas, con duración de dous anos.
    • Ciclo Medio de Comercio, con duración de ano e medio.
    • Ciclo Medio de Cociña, con duración de dous anos.
    • Ciclo Medio de Servizos de Restaurante e Bar, con duración de ano e medio.
  • Programas de Garantía Social (PGS):
    • Programa de Garantía Social de Servizos Auxiliares de Oficina, que dá acceso, mediante proba, aos ciclos medios.
    • Programa de Garantía Social de Axudante de Servizos de Restaurante e Bar, que dá acceso, mediante proba, aos ciclos medios.
  • Estudos para persoas adultas:
    • Educación Básica Permanente de Adultos (EBPA), con tres niveis:
      • Nivel I, ou de alfabetización.
      • Nivel II, ou de consolidación de coñecementos e técnicas instrumentais.
      • Nivel III, ou de educación secundaria para persoas adultas.
    • Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais para Adultos.
    • Ciclo Medio de Cociña, en oferta modular, con duración de tres anos e medio.
    • Plan de potenciación dos idiomas Francés e Inglés para obter o Certificado do Ciclo Elemental das Escolas Oficiais de Idiomas (equivalente aos tres primeiros cursos).

Instalacións:

  • O IES de Foz dispón dunhas grandes instalacións que dan cabida a grande cantidade de alumnado cada curso escolar. Dispón de numerosas Aulas adaptadas ás titulacións que se imparten no centro. Estas Aulas van dende Aulas de Informática, Aulas de Idiomas, Talleres, ata cociñas e comedores.
  • Conta tamén cunha gran biblioteca en colaboración coa UNED, así como con ximnasio, pista polideportiva descuberta e pavillón polideportivo cuberto.

Servizos:

  • Este centro dispón de transporte escolar e comedor. As actividades que realiza son numerosas: participa en Comenius, ten un coro, concursos, teatro, excursións, intercambios culturais, charlas,… Asín tamén o alumnado, xunto co profesorado edita unha revista denominada “O Focego”.