O piragüismo en Foz ten un nome propio dende principios dos anos ’80, CLUB KAYAK. Este club formou numerosos rapaces e rapazas de Foz no deporte da piragüa, co obxectivo ademais de ofrecer unha alternativa deportiva e saudable ao tempo de ocio.
Os/as integrantes deste club participan na Liga Provincial, Liga Galega e na Liga Nacional, obtendo grandes resultados nas diferentes modalidades.
O Club Kayak organiza a Travesía Ría de Foz, que reúne en Foz participantes de toda Galicia.
As instalacións deste club atópanse no ámbito da ría de Foz, na zona portuaria.