C.E.I.P. FONDO NOIS

R/ Nois, 2 – Fondo de Nois – 27893 Nois
Email: ceip.fondo.nois@edu.xunta.es
Web: www.edu.xunta.gal/centros/ceipfondonois/
Teléfono: 982 136 000

Titularidade: Pública

Oferta educativa:

  • Educación infantil
  • Educación primaria

Instalacións:

  • O CEIP Fondo-Nois conta con 2 aulas de Infantil e 6 aulas de Primaria. Así tamén conta con outras aulas específicas: Aula de Informática, Aula de Educación Especial, Aula de Audiovisuais, Aula de Idiomas e Biblioteca Escolar.
  • Entre as instalacións que este centro pon a disposición do alumnado atópanse tamén: ximnasio, pavillón polideportivo, parque infantil, patio de recreo, zonas axardinadas e comedor con cociña.

Servizos:

  • Os servizos que destaca o CEIP Fondo-Nois son: clases de inglés desde os 3 anos, comedor escolar gratuíto desde os 3 anos, así como transporte escolar gratuíto da zona de influenza do centro. Tamén dispón de transporte desde o concello de Burela.
  • Oferta ademais este centro actividades extraescolares como: actividades deportivas, obradoiros de artesanía e viaxes culturais ao longo do curso. Dentro das actividades ofertadas tamén atopamos actividades culturais organizadas por diversos colectivos, así como celebracións e conmemoracións como Magosto, Nadal, Paz, Entroido, Letras Galegas,…