A A.D. Santiago de Foz comeza as súas actividades no mes de setembro e prolóngaas ata finais do mes de xuño. Na tempada 2008-2009 conta con 60 alumnos/as practicando modalidades de: Fútbol-7, Fútbol-Sala, en diferentes Ligas Federadas, torneos e amigables.

As categorías que existen na A.D Santiago de Foz son:

  • Pre-benxamín
  • Benxamín
  • Alevín

Adestran ao longo da semana no CEIP O Cantel e as competicións sucédense durante os sábados, participando no Deporte en Idade Escolar da Xunta de Galicia, na Liga de Clubes da Mariña e diferentes Torneos en Lugo, Cedeira, Andés, La Caridad, Ribadeo, Viveiro,…

A A.D Santiago de Foz é filial do C.D Foz, colaborando con este clube na cesión de xogadores, compartindo instalacións e promocionando nenos a categorías superiores.