Dec 16, 2025 | Foz ao día, Novas

O Concello de Foz organiza a proxección do documental ‘Chicas nuevas 24 horas’, dirixido por Mabel Lozano, o venres 19 de decembro ás 19:00 horas no Cenima de Foz. A sesión incluirá un coloquio posterior aberto ao público.

Esta actividade enmárcase nun proxecto de sensibilización social sobre a trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual. A entrada será libre ata completar aforo.

Como complemento á proxección, o Cenima de Foz acollerá unha exposición aberta ao público do 15 ao 31 de decembro, e os días 17 e 18 de decembro desenvolveranse obradoiros dirixidos ao alumnado do IES de Foz, impartidos pola coordinadora do proxecto.