O Pleno

O «Pleno», «Pleno do Axuntamento» ou «Axuntamento en Pleno», expresións todas elas utilizadas, é un dos órganos necesarios da Corporación.

Ten carácter colexiado, integrado por todolos Concellales, sendo o seu número proporcional á súa población (correspondendolle a Foz 13 concellales). A presidencia do Pleno ostentaa o Alcalde, encargado de dirixir os seus debates.

O Pleno é o órgano supremo do goberno e a administración municipal. Como xa se dixo, tratase dun órgano colexiado integrado polos Concellales. A atribución de postos de Concellales en cada Axuntamento realizase, nos términos que establece a Lexislación electoral, según a regla do sistema de representación proporcional con listas cerradas e bloqueadas presentadas polos partidos, coalicións e federacións, con a única salvedade de que non son tidas en conta aquelas candidaturas que non obtenñan polo menos o 5% de los votos emitidos na circunscripción.

O mandato corporativo, queda establecido en catro anos, a contar dende o día da elección dos Concellales. As eleccións celebraranse en todo caso o cuarto domingo de maio do ano que corresponda, e que os mandatos rematan o día anterior ó da celebración de ditas eleccións, se ben os membros das Corporacións cesantes continúan nas súas funcións ata a toma de posesión dos seus sucesores, aínda que limitándose á administración ordinaria, e sen que en ningún caso poidan adoptar acordos que requiran maioría cualificada. En canto á constitución da nova Corporación, a sesión en que esta teña lugar celebrarase o vixésimo día posterior á celebración das eleccións, en sesión pública.

Competencias

As principales competencias do Pleno Municipal son:

  • Competencias que afectan a os elementos constitutivos (p. e.: alteración do término ou a capital do Concello) ou simbólicos (p. e.: cambio do nome, bandeira ou escudo) do Concello ou a súa articulación con outras Administracións Públicas (p. e.: participación en organizacións supramunicipales).
  • Competencias en relación coa súa potestade normativa, é decir, relativas á aprobación de plans e instrumentos de ordeación urbanística, de Regulamentos (incluido o Orgánico) e Ordenanzas xerales e fiscales, ou de presupostos e imposición de Tributos.
  • Control dos órganos executivos municipales, non só mediante interpelacións, propostas e preguntas, ou a aprobación das contas municipales, senon incluso mediante a moción de censura ou a cuestión de confianza, reguladas na Lexislación estatal, que poden supoñer a destitución do Alcalde.

Ademáis destas, reservase expresamente ó Pleno a votación sobre a moción de censura ó Alcalde e sobre a cuestión de confianza planteada por el mesmo, que se regularán polo disposto na Lexislación electoral xeral.

De capital importancia é a función de control e fiscalización que compete ó Pleno, que se materializa na obrigación de que o Alcalde debe dar conta sucinta á Corporación en cada sesión ordinaria das resolucións que houbera adoptado dende a última sesión ordinaria celebrada. Pero tamén o Pleno pode instar determinados procedimentos para exercer a súa función de control. Así, a normativa prevé que se poida requerir a presencia diante del de membros corporativos que ostenten delegacións para informar da súa actuación, puede instar a celebración dun Pleno extraordinario para debatir da xestión da Xunta de Goberno e, como última medida, pode chegar a destituir ó Alcalde mediante una moción de censura. Para que o Pleno poida celebrar sesión válidamente, debese contar con presencia do Presidente e do Secretario, ou quenes legalmente os sustituian.

2020

2019