O Concello de Foz colaborou no día de hoxe na xornada organizada por Eva Fernández e Eva Rubiños para concienciar sobre o TEA e as distintas terapias para afrontalo. O Concello de Foz quere destacar a sensibilidade das organizadoras e o enorme éxito das ponencias, que dá conta da preocupación da sociedade con este trastorno. A xornada contou coa presenza de cinco profesionais do sector sanitario e educativo que axudaron a desmitificar e a educar sobre un trastorno moi frecuente. Agradecemos a implicación e o traballo de todos os que poñen o seu gran de área para dar máis visibilidade en materias que non a teñen.
Tamén neste día o concello ilumina de azul as letras de Foz e a casa cosistorial, sendo esta a cor que simboliza a concienciación, o apoio e a inclusión das persoas con TEA.

