A Delegación de Servizos Sociais do Concello de Foz puxo en marcha o día 5 deste mes de febreiro un curso de cociña “de aproveitamento dos recursos da natureza da zona e da nosa gastronomía local”, que se desenvolverá ata finais de maio.
A concelleira de Servizos Sociais, Ana Rojo, explica que “son talleres de formato presencial de 3 horas de duración que están enfocados ás persoas maiores, para que poidan elaborar menús saudables a vez que prácticos e económicos da cociña tradicional galega. Son elaboracións sinxelas con presentacións moi coidadas aportando técnicas de cociña novedosas e de xestión dos alimentos, fomentando así a creatividade dos participantes nas preparacións dos menús. Son menús moi apetecibles, cada elaboración componse de varios pratos: un entrante, un primeiro, un segundo e postre, con degustación final por parte dos participantes. Todas as preparacións están elaboradas con produtos da gastronomía local que resulten asequibles, con ingredientes fáciles de atopar nos supermercados locais. Ó remate do obradoiro entregarase a cada participante un receitario con ilustracións de todas as receitas elaboradas durante o curso”.
Ana Rojo engade: “seguimos impartindo os cursos na maioría das parroquias con diferentes e diversas actividades, dende os talleres de pilates en Cordido, Marzán, Santa Cilla e Cangas; de ximnasia en Vilaronte e Cangas; taller de bolillos en Nois; en San Martiño de memoria, e no casco urbano, bolillos, pilates e cociña. Todos os talleres están pensados para que a xente sénior participe e busque aquela actividade que lle guste nun entorno que propicie o encontro e o aprendizaxe, potenciando ademais o contacto social do grupo, fomentando un envellecemento activo e buscando alternativas para un bo tempo de lecer. O Concello impulsa propostas cara a unha participación activa das persoas maiores na mellora do seu benestar”.
Ademais a concelleira de Servizos Sociais agradece “por terceiro ano consecutivo á directiva do Club Náutico de Foz a cesión e dispoñibilidade das súas instalacións, facilitándonos impartir este taller de cociña. Agradecemos tamén ó grupo de supermercados Gadisa polo patrocinio e doazón dun cheque por valor de 300 euros para mercar os produtos da gastronomía local para a elaboración dos menús”.
Para calquera información sobre os cursos as persoas interesadas poden chamar ó número de teléfono 982.13.35.66, do Centro Social.


