Xul 22, 2026 | Foz ao día, Novas

O Concello de Foz organiza o II Camp Night os días 29, 30 e 31 de xullo en Fazouro, na área recreativa da Obra Pía.

O concelleiro de Xuventude, Ángel Fernández, explica que “o campamento abre a súa inscrición dende hoxe e ata o día 27 de xullo ás 13 horas, para as nenas e nenos nados entre os anos 2008 a 2014, ata finalización de prazas. As bases poden consultarse na web do concello e nas redes sociais. A inscrición poderá facerse no mail xuventude@concellodefoz.es ou presencialmente na Casa da Xuventude”. 

E o alcalde de Foz, Fran Cajoto, destaca que “a área recreativa da Obra Pía é o lugar ideal para facer actividades ao aire libre, coma paddle surf, kaiak, festa da escuma, deslizador de auga e outras moitas para que a rapazada poida desfrutar da natureza”.

“Anímamos a todos aqueles que queiran pasalo ben entre amigos, nun entorno natural e facendo actividades a anotarse e coñecer o bonitas que son as parroquias focegas”, finaliza o concelleiro de Xuventude.

Toda a información aquí: https://concellodefoz.gal/camp-night-foz-2026/