O Concello de Foz, a través da Concellería de Muller e igualdade, volve unir a loita contra a violencia machista e na defensa da diversidade instalando de maneira conxunta os Puntos Violeta e LGTBIQA+ nas festas do San Lourenzo os días 9 e 10 de agosto.
A concelleira de Muller e Igualdade, Ana Rojo, explica que o “goberno local consolida estes espazos seguros e volve a habilitalos, reafirmando o seu compromiso coa seguridade e a protección da muller, a inclusión e a diversidade do colectivo LGTBI durante os días principais das próximas celebracións do San Lourenzo. Tras o excelente balance e a gran acollida recibida durante as pasadas festas na honra á Virxe do Carme, a Delegación de Muller e igualdade volve a habilitar estes espazos de concienciación e información fronte a agresións machistas e lgtbifóbicas, buscando consolidar entornos seguros, plenamente inclusivos e libres de violencias machistas. Unha iniciativa que garanta unhas celebracións seguras e sas, nun entorno de ocio nocturno, tolerante e respectuoso para todas as persoas asistentes os eventos. O obxectivo e reforzar e dar pasos firmes no compromiso coa igualdade e a diversidade, rexeitando os mensaxes de negación da violencia de xénero, das mensaxes de odio, homófobas e da merma de dereitos das persoas LGTBI, buscando espazos orientados á prevención e á sensibilización, con atención inmediata ante calquera situación de acoso, conduta machista ou lgtbifóbica, promovendo o respecto e a convivencia veciñal”.
Ana Rojo engade que estes puntos “volverán estar coordinados e atendidos de maneira presencial por profesionais cualificados, que se encargarán de realizar tarefas preventivas de asesoramento, información e reparto de material didáctico e de prevención, que sirva de eixe dinamizador, con soporte inmediato ante calquera agresión ou acoso, ademais de dar continuidade ao reparto de pulseiras sentinela, dispositivos que permiten detectar máis de 22 sustancias estupefacientes na bebida, o mesmo tempo que proporcionan a xeolocalización automática dos servizos de emerxencia máis próximos. Para facilitar a ubicación destes espazos conxuntos e manter o punto de referencia de edicións anteriores, informamos que estarán na mesma zona habitual, baixo a terraza do bar Náutico do edificio de Servizos Sociais, xunto ao parque Conde Fontao. Estarán operativos dende as 23.00 ata as 4.00 horas”.
“Desexamos que disfruten dunhas festas de ocio, cheas de actividades que agradan a tódolos públicos, baixo as mesmas premisas de respecto mutuo, cordialidade e convivencia veciñal. Felices Festas!”, remata a concelleira de Muller e Igualdade.

