Mar 9, 2026 | Foz ao día, Novas

O concello de Foz comeza as probas da nova iluminación colocada nas letras de Foz situadas no Pico do Castro.

Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darselle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación” explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira.

“As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo, e esta iluminación dalles unha nova vida” explica o alcalde, Fran Cajoto.