O investimento conta cunha anualidade para este 2026 de 124.625 euros, consignándose para o 2027 os 139.464 euros restantes. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica e agradece a inversión: “estamos a falar dunha senda de formigón de 2,5 metros de anchura e 431 metros de lonxitude, da mesma tipoloxía que o paseo construído entre as praias de Peizás e a Pampillosa, o que facilita o seu mantemento. Con esta infraestrutura, que se asenta sobre viais existentes, vamos a dispoñer dunha senda segura para camiñar despois da ruína do antigo paseo no lado de Fazouro tras os temporais de marzo do ano 2024. A nova senda conectará o Castro de Fazouro co paseo cara a Nois utilizando dúas pontes existentes sobre a vía do tren”.
O Concello de Foz traballa na obtención dos terreos necesarios para que a Dirección Xeral da Costa e o Mar execute tamén o retranqueo do paseo en Cangas de Foz, que está cortado ao paso polos desprendementos. “No pleno ordinario do mes de xullo aprobamos o proxecto e acordamos realizar os trámites para iniciar o expediente de expropiación polo pleno, que agardamos poder levar a aprobación nas vindeiras semanas. Os veciños de Cangas levan demasiado tempo camiñando polo arcén da nacional, co risco que iso supón”, remata o alcalde.

