O alcalde de Foz, Fran Cajoto, quere agradecer ao xefe de servizo de Arqueoloxía, Roberto Pena, “as actuacións programadas para a mellora da seguridade e conservación do Castro de Fazouro, declarado Ben de Interese Cultural (BIC) no ano 2017 e único poboado costeiro escavado e posto en valor na costa cantábrica galega”.
O rexedor municipal explica que “os traballos, que van a ser obxecto de contratación, consisten na instalación dun valo con pivotes e corda para a limitación de acceso á zona Norte, a recolocación de pedras caídas e retacados, a limpeza das estruturas e unha diagnose do xacemento. Esta actuación conleva ademais un novo estudo do xacemento e a difusión das actuacións realizadas e do propio xacemento, o que vai a resultar de gran interese. É unha actuación urxente e necesaria despois do derrube parcial do muro que se sitúa sobre os cantís. Hai poucos días o Ministerio de Transición Ecolóxica publicou no BOE o retranqueo do paseo de Arealonga, que vai a conectar o Castro en Fazouro coa parroquia de Nois cun paseo humanizado e renovado, por un importe de algo máis de 300.000 euros. Estamos a falar de dúas actuacións complementarias que van a poñer en valor un entorno de gran valor patrimonial e paisaxístico na parroquia de Fazouro”.

