Xuñ 16, 2026 | Foz ao día, Novas

O Concello de Foz organiza este domingo, día 21 de xuño, unha nova edición da histórica Feira da Espiñeira (Vilaronte) este ano en colaboración con Flor do Toxo.

O Concello de Foz anuncia que “a feira dará comezo ás 10 da mañá e contará con pulpería e sesión vermú a cargo a Puzzle animación. Xa a tarde, a partir das 17.00 horas, a emoción virá coas carreiras de cabalos en categoría de serrada e chapeada (+1,5 e -1,5) e tamén sub16. Haberá trofeos para os participantes deseñados pola ceramista focega Chus Lage”. 

“Agradecemos a boa disposición de Teresa (Flor do Toxo) para levar a cabo a organización desta feira. Sen a implicación de xente nova moitas tradicións esmorecen, polo que debemos recoñecer as ganas e o traballo de quen se pon a disposición para que as actividades saian adiante”, explica a concelleira de Festas, Inés López Couto.

E o alcalde de Foz, Fran Cajoto, destaca que “a Feira da Espiñeira é unha feira tradicional que era un punto de unión para os veciños da zona e que queremos que continúe e co apoio de xente nova coma Teresa seguirá adiante por moitos anos”.