Venres 12 de abril cos monicreques de Carmen Domech e o seu Onde viven os monstros.
💬 Adaptación para monicreques do clásico de Maurice Sendak, acompañada de pequenos contos monstruosos.
Nesta historia, chea de humor e diversión, Max crea na súa habitación un mundo imaxinario onde é libre. Libre mesmo para ser monstro, o máis monstro de todos. Na súa aventura, desafía aos seus propios medos, a frustración, a rabia, a incomprensión ou o temor ao rexeitamento. Finalmente, atopar en falta o amor da súa nai faino regresar a casa e comprende que sempre hay que respectar aos demais.
O monstro de cores: Baseado no libro de Anna Llenas. Uns monicreques divertidos representan o conto O monstro de cores.
O monstro precisa un pouco de axuda do público para identificar as súas emocións e descubrir que sucesos e situacións poden levalo a ser un monstro de diferentes cores.
Entre todas e todos conseguiremos ordenar as súas emocións.
Monstros na comida: Ao chegar a casa coa compra do supermercado, descubrín asombrada que tiña monstros na comida.
Uns graciosos monicreques monstruosos van saíndo de diferentes comidas, para contarnos quen son e por que non queren estar alí.
📆 Venres 12 de abril
🕡 18:30h
📍 Casa da Cultura
🎟 De balde
🧒 Público familiar