Out 9, 2025 | Foz ao día, Novas

A ITV móbil irá a San Martiño o día 21 deste mes, martes, e o vehículo da Policía para renovar o DNI e o pasaporte estará en Foz o 11 de novembro, tamén martes.
O Concello de Foz informa a todos os propietarios de vehículos agrícolas que a unidade móbil da ITV estará na área recreativa de Ferreira Vella, en San Martiño, o martes 21 de outubro en horario de 9.00 a 13.30 horas. Para solicitar cita previa hai que chamar ao teléfono 902.309.000 ou a través da web www.sycitv.com. A organización lembra que non se pasará inspección a vehículos con carga nin a vehículos con apeiros.
E para todos aquelas veciñas e veciños que queiran renovar o seu DNI ou pasaporte no concello de Foz anuncia que xa se pode solicitar cita para o martes 11 de novembro a través da páxina web concellodefoz.gal, do teléfono 982.140.027 ou de forma presencial no rexistro municipal. O Vehículo Integral de Documentación da Policía Nacional (VIDOC) estará estacionado no Paseo da Ribeira, diante do CENIMA.
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, agradece á Policía Nacional e a Supervisión y Control SAU “o achegamento de servizos ao noso concello. O servizo renovación de DNI e pasaporte é moi valorado e estamos traballando para aumentar de un a dous días ao mes as datas de desprazamento do VIDOC ao noso concello. A ITV móbil é unha moi boa alternativa para agricultores e gandeiros das parroquias de Santo Acisclo, Santa Cilla, San Martiño e Vilaronte, que evitan desprazamentos á ITV de Cangas”.