A Biblioteca Municipal de Foz xa ten os nomes dos artistas premiados na vixésimo primeira edición do seu tradicional Concurso de Postais de Nadal. Cun éxito rotundo de participación que acadou os 607 traballos presentados, o xurado tivo unha difícil tarefa debido ao gran nivel e ilusión depositada en cada debuxo.
A obra de Iria Caselas Losada (Colexio Martínez Otero) foi a seleccionada como a postal oficial coa que o Concello de Foz felicitará o Nadal 2025.
Listaxe de Premiados por Categorías
Categoría Infantil (4, 5 e 6 anos)
- 1º premio: Xulia Nuñez Otero (CEIP Nº1)
- 2º premio: Lucía López Rodríguez (Colexio do Pilar)
- 3º premio: Adrián Longarela Pérez (CEIP O Cantel)
Primaria A (1º, 2º e 3º curso)
- 1º premio: Martín Níñez Díaz (Colexio Martínez Otero)
- 2º premio: Zoe Ponte Collantes (Colexio Martínez Otero)
- 3º premio: Alejandro Diéguez Ruíz (CEIP Fondo Nois)
Primaria B (4º, 5º e 6º curso)
- 1º premio: Andrea Rivera Barcia (CEIP O Cantel)
- 2º premio: María Lorenzo Fernández (CEIP O Cantel)
- 3º premio: Raquel Pichín Fernández (Colexio do Pilar)
E.S.O. (1º a 4º curso)
- 1º premio: Iria Caselas Losada (Colexio Martínez Otero)
- 2º premio: Alba Moirón Basanta (Colexio Martínez Otero)
- 3º premio: Vega Mogo Luaces (Colexio Martínez Otero)
Entrega de Premios e Exposición
A entrega de galardóns celebrarase o vindeiro domingo 28 de decembro no salón de actos da Casa da Cultura, ao rematar a obra de teatro infantil “Esperando ao doctor Monifate… con Lombao” (aprox. 13:00h).
Como novidade, todas as postais participantes formarán parte dunha exposición na Biblioteca Municipal que poderá visitarse desde o 30 de decembro e durante todo o mes de xaneiro de 2026.
Desde o Concello queremos agradecer aos 607 participantes e aos centros escolares (Martínez Otero, O Cantel, Do Pilar, Fondo Nois e CEIP Nº1) a súa implicación un ano máis nesta cita coa arte e a ilusión.

