Out 25, 2025 | Foz ao día, Novas

En proceso de recollida de solicitudes para a elección de raíña ou rei do Entroido 2026 vanse confirmando novidades para o mesmo.

Un dos eventos máis emotivos en Foz é o pregón que se celebra o venres anterior ao desfile. Este ano o concello propuxo como pregoeiras á Comparsa As Farangullas, que non so se encargará do pregón senon tamén da exposición do entroido que se inaugura o xoves de comadres.
“As Farangullas son unha comparsa que comeza a súa andadura no ano 2007 e que participan todos os anos de todos os eventos carnavaleiros. Estamos seguros de que serán unhas pregoeiras que demostrarán o sentimento de Foz co seu entroido” explica Inés López Couto, concelleira de cultura.

“Seguimos traballando en organizar o Entroido 2026. Recordamos que se manten aberta a inscripción para a elección do maior representante do entroido focego, a raíña ou rei do entroido, pode facerse sta o próximo día 30 de outubro no rexistro do concello ou na sede electrónica” recorda a concelleira de cultura.