O domingo 7 de abril Bandullo azul achega o seu contacontos Filipa cos contos.
💬 Unha sesión filipante de contos para toda a familia. Historias tradicionais, música e o humor repártense entre os dous contadores que soben á escena: o actor Fran Campos e a súa amiga Filipa, quen lle dará un valor engadido ás historias de carácter tradicional: a súa experiencia.
Haberá tamén historias cantadas. Historias e xogos de palabras feitas cancións. Historias non só do noso entorno máis próximo, senón tamén doutras terras.
Contos filipantes, contos cantados e acompañados dunha guitarra. Fran Campos e Filipa, os dous, e cadaquén ao seu xeito, farán posible unha sesión para todos os públicos. Tanto cativa/os como maiores poderán gozar, aprender, reflexionar…
Desde as súas distintas visións dos contos populares.
📆 Domingo 7 de abril
🕛 12:00h
📍 Casa da Cultura
🎟 De balde
🧒 Público familiar