Out 16, 2023 | Axenda, Foz ao día, Novas

Volve o Ciclo Mestre Mateo en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A nosa concelleira de Xuventude, Zoraida Coira, presenta a programación completa na que poderemos gozar das mellores películas e documentais deste ano, no que ademais teremos dous filmes para as/os máis pequenas/os.

Mércores, xoves e venres ás 20h para os documentais e películas e os domingos ás 17:30h para a animación infantil.

Entrada: de balde.

 

18 OUTUBRO 20:00H A FOREIGN SONG
19 OUTUBRO 20:00H MARÍA CASARES: A MULLER QUE VIVIU MIL VIDAS
20 OUTUBRO 20:00H ONDE MÁIS DOE
22 OUTUBRO 17:30H VALENTINA
25 OUTUBRO 20:00H NO SOMOS NADA
26 OUTUBRO 20:00H O CORPO ABERTO
27 OUTUBRO 20:00H CÓDIGO EMPERADOR
29 OUTUBRO 17:30H URNICORN WARS