Mar 27, 2024 | Destacamos, Foz ao día, Novas

A concelleira de Servizos Sociais, Ana Rojo, presenta as charlas do Programa Xunt@s que terán lugar a o 3 e o 5 de abril:

  • Nutrición e hábitos saudables: alimentación equilibrada e saudable, poñendo en énfase hábitos saudables e de cómo alimentarse en diferentes situacións da vida, dando pautas nutricionais a seguir baixo a presenza de enfermidades asociadas a esta etapa do ciclo vital (hipertensión arterial, diabetes tipo 2, hipercolesterolemia, disfagia, etcétera), tratando de dar información veraz e rompendo mitos nutricionais e alimentarios relacionados coa terceira idade.

📆 Mércores 3 de abril

🕕 18:00h

📍 Casa da Cultura

 

  • Envellecer de forma activa: diferenciando entre esperanza e calidade de vida, de cómo previr as patoloxías psicolóxicas e cognitivas, así como a prevención da enfermidade física.

📆 Venres 5 de abril

🕕 18:00h

📍 Casa da Cultura