Out 31, 2023 | Axenda, Foz ao día, Novas

No mes de novembro chegan as Charlas médicas. A concelleira de Sanidade e o alcalde deron a coñecer as ponencias así como os/as relatores/as.

Serán os mércores 8, 22 e 29 na Casa da Cultura, a partir das 20h.

  • Maite Lanza Méndez, traballadora social e técnica responsable das actividades de prevención da Unidade de Drogodependencias, que falará de Deixar de fumar: por que e como?
  • O psiquiatra Diego Gonzalez Peña comentará sobre A saúde mental na actualidade.
  • O urólogo Marco Antonio García Expósito centrará a súa charla na Próstata: que deberíamos saber?

O noso agradecemento Hospital público da Mariña e a todos os/as ponentes.

📖 Programa