Nov 23, 2023 | Foz ao día, Novas

Únete á nosa nova canle de WhatsApp para estar ao día.

Como sumarse?

Para acceder a esta función é necesario ter a versión actualizada do WhatsApp. As canles ofrecen una modalidade de comunicación unidireccional, o que significa que o Concello de Foz pode enviar mensaxes de información xeral.

➕ Unirse á canle do Concello de Foz en WhatsApp é moi doado. Podes facelo pinchando en este enlace.

Se queres espallar esta información e axudar a que máis veciños se unan a esta nova ferramenta municipal só debes compartir o enlace por WhatsApp premendo no desligable da parte superior dereita da canle e elixindo aos contactos que desexes invitar.

Que contidos recibirás?

Ao sumarse á nova canle municipal encontrarás un resumen das novidades municipais máis relevantes. Haberá material gráfico e audiovisual que poderás visualizar garantíndose a cantidade razoable de envíos e o anonimato das persoas usuarias.