Blog do Cronista Oficial de Foz
Xoán Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz desde xullo do ano 2021, naceu en Foz en 1965 e é licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela na especialidade de Historia Contemporánea. Encargado do Centro de Interpretación do Camiño Norte en Mondoñedo, foi presidente da Asociación Cultural A Pomba do Arco e resulta un historiador prolífico, con obras de ensaio como Recompilación da memoria histórico-local do Concello de Foz en colaboración con Pilar López, O Camiño de Santiago na Mariña Lucense, O Mariscal Pardo de Cela e o seu tempo: I Xornadas de Estudios Medievais da Mariña Central, San Gonzalo. Bispo Mindoniense, Hospitalidade e peregrinación. O camiño do norte na Mariña luguesa, O Camiño do Mar, ademais de articulista en revistas como Revista de Historia Naval, Candea Branca, Nova Ardentía, a dixital Terra e Tempo ou o diario El Progreso.
AS CASAS BARATAS DE FOZ.
A falla de vivenda social, aquela que é asumible aos que non poden acceder á do mercado libre polos exorbitados prezos desta, é un tema recorrente na prensa, tanto como preocupante. Neste artigo imos ir ata un período no que en Foz escaseaba a vivenda e veremos como a...
O xurdimento do novo concello de Foz. 1835-1845.
Na actualidade o concello de Foz está formado por nove parroquias: Cangas, Cordido, Fazouro, Foz, Nois, San Acisclo (do Valadouro), San Martiño (de Mondoñedo), Santa Cilla (do Valadouro) e Vilaronte; pero non sempre foi así. En 1972 (El Progreso de Lugo. 9 de xuño)...
UNHA VIAXE NO TEMPO: SAN MARTIÑO DE MONDOÑEDO EN 1755.
Neste artigo imos viaxar, concretamente, ao pasado de San Martiño de Mondoñedo, retrocederemos xustamente 270 anos e deterémonos ante esa igrexa parroquial no ano 1755. Empregamos como fonte documental a visita pastoral xirada polo bispo don Carlos Riomol e Quiroga...
XOSÉ ALONSO RAMOS, UN BENFEITOR DE VILARONTE.
Matrimonio galego de fins XIX. Sindo Penelas García, en Ollar Galicia. Neste artigo imos falar da figura, que non da obra, dun veciño de Vilaronte; intentarémonos achegar á vida de Xosé Alonso Ramos. Vida que ten valor pola súa obra, a fundación da escola pía de...
TORMENTAS QUE ASOLARON A MARIÑA DE LUGO.
Nestes tempos que corren ímonos acostumando a que as tormentas sexan máis intensas, máis prolongadas e máis habituais. Para uns esta situación responde a un cambio climático e para outros esa razón non existe, por non existir nin existe o cambio climático; alá eles....
A FESTA DE SAN BRAIS. VILAXOANE.
Comentaba na prensa de 1974 o noso anterior cronista oficial (Suso do Bahía) que o ciclo festivo do concello de Foz tiña o seu inicio coa festa de San Brais e o seu fin coa de Santo Acisclo e non lle faltaba razón, no que a festas se refire, porque se falamos de...






