Mai 6, 2024 | Foz ao día, Novas

Un ano máis volvemos co noso programa Aberto x Vacacións. Actividades durante xullo e agosto, de luns a venres, para nenos e nenas nados/as entre 2012 e 2020. Con horario de 10:30h a 13:30h. ou a partir das 9h. co Plan Érguete, para as/os que teñen que madrugar.

Teremos actividades no CEIP O Cantel, na praia, roteiros,… que farán as delicias de todas/os.

Obtén toda a información:  Folleto informativo

E realiza a túa preinscrición ata o 23 de maio: Formulario de preinscrición