A décimo primeira edición da Xuntanza de Pepes e Pepas en Foz, celebrada a pasada fin de semana, reuniu a 52 persoas, o que supuxo un record de participación neste evento, que organizaron nesta ocasión María José Fega e María José Villarino.
Ademais da comida, que tivo lugar no restaurante Xoíña, houbo moitos regalos doados por establecementos comerciais e tamén música.
Os encargados de organizar a vindeira edición desta xuntanza son José Luis Rivas e José Pin.
Este festexo, que foi creado por iniciativa de José Ramón Vila, celebrase en cada edición nun establecemento hostaleiro de Foz distinto e moitos dos participantes son Josés, Josefas, Pepes e Pepitas do municipio focego, pero habitualmente tamén conta con asistentes doutras localidades da Mariña.

