«A PEGADA DA PESCA: CULTURA E MEMORIA MARIÑEIRA EN FOZ» é unha iniciativa promovida polo Concello de Foz para a obtención das axudas para as estratexias de desenvolvemento local participativo 2021-2027 na convocatoria ordinaria de 2023. O proxecto finalmente foi beneficiario da axuda, cofinanciada pola Consellería do Mar e o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), e xestionada polo GALP A Mariña – Ortegal.

O proxecto contempla as seguintes actividades a executar entre as anualidades 2023 e 2024:

• ACTIVIDADE 1. Redacción e recompilación de contidos gráficos e documentais para os libros.
• ACTIVIDADE 2. Maquetación e impresión do exemplares literarios.
• ACTIVIDADE 3. Acto de presentación das obras literarias da memoria mariñeira.
• ACTIVIDADE 4. Accións de comunicación.
A PEGADA DA PESCA en Foz ten como obxectivo xeral:

Recuperar a memoria local mariñeira do Concello de Foz a través do relato dos seus principais protagonistas e a recompilación de información e arquivos históricos, con fin de difundila entre a poboación local, para que sexa coñecedora da historia mariñeira da súa vila e poida dar valor aos labores desempeñados polas xentes do mar da súa veciñanza.

Entre os seus obxectivos específicos destaca a importancia de:
Dar visibilidade á actividade mariñeira local ao longo dos anos no municipio, mediante a recuperación da memoria local dos seus protagonistas, a través da elaboración e edición de dúas obras literarias que fagan fincapé na actividade portuaria do municipio