O concello de Foz solicitou por un importe de 30.513,52 € o proxecto A PEGADA DA PESCA: CULTURA E MEMORIA MARIÑEIRA EN FOZ, do cal obtivo a financiación do 100% do proxecto, que está cofinanciado pola CONSELLERIA DO MAR, polo GRUPO DE ACCION LOCAL DO SECTOR PESQUEIRO A MARIÑA ORTGEAL e pola EUROPEA FEMPA.
O proxecto ten como obxectivo xeral recuperara a memoria local mariñeira do Concello de Foz a través do relato dos seus principais protagonistas e a recompilación de información e arquivos históricos, con fin de difundila entre a pobación local, para que sexa coñecedora da historia mariñeira da súa vila e poida dar valor aos labores desempeñados polas xentes do mar da súa veciñanza. Consta de catro actividades centrdas en dous libros de divulgación “HISTORIA DO MAR DE FOZ” “EMBARCACIÓNS DO CONCELLO DE FOZ” : Redacción e recompilación de contidos gráficos e documentais para os libros, maquetación e impresión dos libros, acto de presentación e comunicación das actividades.