Xan 27, 2026 | Foz ao día, Novas

A Aula Universitaria da UNED de Foz presenta a súa programación formativa para o  mes de febreiro, cunha ampla oferta de cursos dirixidos a opositores, estudantes e  público en xeral, que combina formación xurídica, lingüística, ambiental e de benestar  persoal. 

Entre as actividades programadas destaca o Curso para opositores: Nocións  fundamentais sobre a Constitución Española de 1978 e a Lei 39/2015, de 1 de outubro,  do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, que será  impartido pola docente Inés García Balseiro, avogada e formadora. O curso  desenvolverase do 9 ao 12 de febreiro, cunha duración total de 30 horas

Tamén dará comezo o Curso de Inglés A2, impartido pola profesora e habitual  colaboradora da Aula Universitaria da UNED de Foz, Leticia Veiga Lestegás, cunha  duración de 30 horas online, desde o 9 de febreiro ata o 18 de maio, en horario de 19:30  a 20:30 horas. 

No ámbito ambiental, realizarase o Curso de Avaliación do Impacto Ambiental: Normativa, Metodoloxía e Casos Prácticos, impartido polo ambientólogo José Pérez  Vázquez. Este curso desenvolverase en modalidade online, do 10 de febreiro ao 12 de  marzo, cunha duración de 38 horas

Para pechar a programación de febreiro, impartirase o curso Corpo en Calma:  Movemento para Equilibrar o teu Sistema Nervioso, a cargo da psicóloga Alba  Burundarena. Será tamén en modalidade online, cunha duración de 10 horas, e terá  lugar os días 23, 24, 25 e 26 de febreiro

A coordinadora da Aula Universitaria da UNED de Foz, Marta Muíña, salientou que “esta  programación responde á vontade de ofrecer unha formación diversa e de calidade,  adaptada ás necesidades actuais da poboación, tanto no ámbito profesional como  persoal”. 

Pola súa banda, a concelleira de Educación, Elena Martínez Pena, destacou “a  importancia da colaboración entre o Concello de Foz e a UNED para achegar formación  universitaria e especializada á veciñanza, contribuíndo ao desenvolvemento educativo  e social do municipio”. 

Recordan, ademáis, que o segundo período de matrícula para os estudos universitarios  na UNED 2025/2026 estará aberto desde o 2 de febreiro ata o 11 de marzo, podendo  realizar calquera trámite a través da páxina web da UNED, presencialmente na aula de  Foz en horario de 10 a 13 h,e de 15:30 a 20:30 h de luns a xoves e venres en quenda  de mañá, nos teléfonos 982.133.699 ou 604.034.549 ou no correo electrónico  foz@lugo.uned.es.

Cartel Uned Foz febreiro