Feb 25, 2026 | Foz ao día, Novas

A Aula Universitaria da UNED de Foz presenta para o vindeiro mes de marzo de 2026 unha nova  programación formativa dirixida ao público xeral, composta por catro cursos presenciais centrados  na saúde, a educación e o benestar persoal, así como unha actividade divulgativa ao aire libre e  unha opción de ocio dirixida a crianzas. 

Segundo explica Marta Muíña, coordinadora da Aula Universitaria da UNED de Foz, “esta nova  oferta responde ás demandas actuais da cidadanía, apostando por unha formación práctica, útil e  impartida por profesionais de recoñecido prestixio nos seus respectivos ámbitos”. 

O primeiro dos cursos será “Planificación nutricional para persoas con pouco tempo: organización  semanal paso a paso”, impartido por Saray Río, dietista e nutricionista. Trátase dun curso presen cial cunha duración total de 10 horas, orientado a persoas que desexen mellorar os seus hábitos  alimentarios de forma sinxela e organizada. 

Tamén se celebrará o curso “Acompañando a dislexia: guía para familias e educadores”, impartido  por Alicia Lage, psicóloga e neuropsicóloga clínica. Esta formación presencial, cunha duración de  10 horas, está pensada para familias, docentes e profesionais interesados en comprender mellor a  dislexia e aprender estratexias prácticas de apoio. Contará cunha intervención especial de dous  membros do equipo de Change Dyslexia a través da canle online nunha das sesión. A concelleira  de Educación, Elena Martínez Pena, destacou que “é fundamental dar apoio tanto ás familias co 

mo aos centros educativos para favorecer unha educación máis inclusiva e adaptada ás necesi dades reais do alumnado”. 

A programación complétase co curso “Primeiros auxilios e coñecementos do DEA en adultos”,  impartido por Camilo José Vázquez, profesional da saúde especializado en urxencias e emerxen cias sanitarias. Esta formación presencial terá unha duración de 12 horas e ofrecerá habilidades  básicas para actuar ante situacións de emerxencia, así como para o uso correcto do desfibrilador  externo automático (DEA).  

Ofrécese tamén o curso “Uso de Silhouette e Canva aplicado ao deseño de eventos”, cunha dura ción de 25 horas, dirixido a aquelas persoas que busquen iniciarse no deseño dixital e a creación  de elementos decorativos para eventos, da man de Carmen Mira, directora de Imaxinatia e forma dora.  

Ademais, realizarase un roteiro interpretativo sobre as cancións de amor das aves, da man de  Pedro Rolle, colaborador habitual da UNED de Foz e experto na biodiversidade da zona. A activi dade terá lugar o 23 de marzo, con saída desde a Igrexa de San Acisclo ás 16:00 horas. 

Como peche da programación do mes de marzo, o día 31 celebrarase un obradoiro de manuali dades de Semana Santa en inglés, impartido por Leticia Veiga, colaboradora e formadora da  UNED, dirixido a crianzas de entre 5 e 9 anos. 

“Seguimos traballando para achegar formación de calidade ao noso territorio e ampliar as oportu nidades de aprendizaxe ao longo da vida”, conclúe Marta Muíña. 

Desde a Aula Universitaria da UNED de Foz lémbrase que continúa aberto o prazo de matrícula  para o presente curso académico, que poderá formalizarse ata o vindeiro 11 de marzo. As perso as interesadas poden obter máis información sobre a oferta formativa e o proceso de inscrición a  través dos canais habituais da UNED ou directamente na propia Aula Universitaria.