TRÁMITES E SERVIZOS MÁIS EMPREGADOS

1. Información xeral e consultas urbanísticas

1.1.- Solicitude de información urbanística común

Poderanse formular consultas por escrito relativas á situación urbanística dunha determinada parcela, soar, inmoble ou local, así como dos actos ou usos do solo o subsolo permitidos e do procedemento de tramitación aplicable para a actuación de que se trate.

A consulta será contestada nun prazo máximo de dous meses, unha vez presentada no rexistro a solicitude

Documentación requirida

    • Impreso de solicitude de Certificado ou Informe Urbanístico
    • Solicitante: Fotocopia do DNI no caso de persoas físicas. No caso de persoas xurídicas a persoa que asina a petición achegará documentación acreditativa da súa representación como unha fotocopia pública da escritura de constitución da sociedade, poder,etc
    • Documento acreditativo de ter aboada a taxa correspondente
    • Plano de localización sobre cartografía oficial Din A-3, Escala 1/2000
      no que se reflicte a posición exacta da parcela
    • Documentación Complementaria
      Toda aquela documentación que estime oportuna relacionada coa súa consulta para poder darlle solución.

https://concellodefoz.sedelectronica.es/dossier.1

1.2.- Solicitude de Certificación Urbanística

Poderanse formular consultas por escrito relativas á situación urbanística dunha determinada parcela, soar, inmoble ou local, así como dos actos ou usos do solo o subsolo permitidos e do procedemento de tramitación aplicable para a actuación de que se trate.

A consulta será contestada nun prazo máximo de dous meses, unha vez presentada no rexistro a solicitude.

No caso da certificación urbanística, o informe técnico é certificado pola/o secretaria/o

 

Documentación requirida

    • Solicitante: Fotocopia do DNI no caso de persoas físicas. No caso de persoas xurídicas a persoa que asina a petición achegará documentación acreditativa da súa representación como unha fotocopia pública da escritura de constitución da sociedade, poder,etc
    • Plano de localización sobre cartografía oficial Din A-3, Escala 1/2000
      no que se reflicte a posición exacta da parcela.
    • Documento acreditativo de ter aboada a taxa correspondente
    • Impreso de solicitude de Certificado ou Informe Urbanístico

https://concellodefoz.sedelectronica.es/dossier.1

1.3.- Solicitude de Devolución de Aval Urbanístico

Documentación requirida

  • Fotocopia do mandamento de constitución do depósito
  • Fotocopia da licenza de primeira ocupación ou da de obra
  • Impreso de instancia xeral
  • Solicitante: Fotocopia do DNI no caso de persoas físicas. No caso de persoas xurídicas a persoa que asina a petición achegará documentación acreditativa da súa representación como unha fotocopia pública da escritura de constitución da sociedade, poder,etc

https://concellodefoz.sedelectronica.es/dossier.1

2. Comunicacións Previas

A comunicación previa é o documento polo cal as persoas interesadas poñen en coñecemento da administración pública competente os seus datos de identificación e demais requisitos exixibles para o exercicio dun dereito ou inicio dunha actividade, consonte co establecido no artigo 69.2 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas.

Non é unha autorización administrativa para exercer unha actividade senón un medio para que a administración coñeza a existencia da dita actividade e posibilitar o control posterior, distinto da facultade de inspección ordinaria, mediante as oportunas actuacións administrativas. O control municipal prodúcese con posterioridade ao inicio da actividade. A existencia de inexactitudes, falsidades ou deficiencias no local determinará a imposibilidade de continuar co exercicio da actividade.

2.1.- Comunicación previa de inicio de Actividade
As actividades, con carácter xeral, están suxeitas ao procedemento de comunicación previa. A ou o interesado comunicaralle ao concello a data de inicio da actividade que vai desenvolver nun local e achegará, ademais do impreso normalizado, a documentación técnica. A ou o interesado, baixo a súa responsabilidade, poderá iniciar a actividade desde a data indicada na solicitude. Nos impresos normalizados de comunicación previa de actividade inclúese unha declaración responsable que deberá asinar a persoa interesada.

Non é unha autorización administrativa para exercer unha actividade senón un medio para que a administración coñeza a existencia da dita actividade e posibilitar o control posterior, distinto da facultade de inspección ordinaria, mediante as oportunas actuacións administrativas. O control municipal prodúcese con posterioridade ao inicio da actividade. A existencia de inexactitudes, falsidades ou deficiencias no local determinará a imposibilidade de continuar co exercicio  da actividade.

Con carácter xeral están suxeitas ao tramite de comunicación previa a instalación, implantación ou exercicio de calquera actividade económica, empresarial, profesional, industrial ou comercial, agás:

  • A apertura de establecementos e a celebración de espectáculos públicos ou actividades recreativas que se desenvolvan en establecementos públicos cunha capacidade superior a 500 persoas, ou que presenten unha especial situación de risco, de conformidade co disposto na normativa técnica en vigor.
  • A instalación de terrazas ao aire libre ou na vía pública, anexas ao establecemento.
  • A celebración de espectáculos e actividades extraordinarias e, en todo caso, os que requiran a instalación de escenarios e estruturas móbiles.
  • A celebración dos espectáculos públicos e actividades recreativas ou deportivas que se desenvolvan en máis dun termo municipal.
  • A celebración dos espectáculos e festexos taurinos.
  • A apertura de establecementos e a celebración de espectáculos públicos ou actividades recreativas cuxa normativa específica esixa a concesión de autorización.

Inclúense os cambios de uso entre actividades suxeitas a comunicación previa.

Xunto ca comunicación previa  a persoa titular deberá presentar informe do illamento acústico conseguido no local, de acordo co disposto no artigo 11 do Decreto 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia.
No caso de actividades nocturnas e as diúrnas dos grupos 1 e 2 da táboa 4 do Manual de Procedemento adxunto á Ordenanza municipal de protección do medio contra a contaminación acústica producida pola emisión de ruídos e vibracións,  o informe do illamento acústico conseguido no local, deberá completarse co disposto ao respecto no artigo 15 da dita Ordenanza.

Así mesmo disporán de certificado de medición do nivel de ruídos transmitidos polo funcionamento das instalacións de ventilación/climatización, frigoríficas ou calquera, cuxa potencia sexa igual ou superior a 5 C.V. por instalación, que non superarán os niveis máximos permitidos no exterior e nas vivendas ou actividades lindeiras co local.

Non será obrigatorio achegar o informe de illamento no caso que a persoa titular da actividade faga constar expresamente que actividade producirán un nivel sonoro igual ou inferior, en calquera horario, a 75 dB, excepto nas actividades nocturnas e as diúrnas dos grupos 1 e 2 da táboa 4 do Manual de Procedemento adxunto á Ordenanza municipal de protección do medio contra a contaminación acústica producida pola emisión de ruídos e vibracións que, en calquera caso, deberán achegar o certificado establecido  no artigo 15 da dita ordenanza.

Durante o exercicio da actividade comunicada deberá contar no local, a disposición dos servizos de inspección municipais, dunha copia da comunicación presentada.

2.2.- Comunicación previa de cambios de titularidade de licenzas de actividade
  • Os cambios de titularidade das actividades e instalacións comunicaránselle ao concello no impreso normalizado.
  • Non se consideran en vigor as actividades correspondentes aos locais nos que cesase a actividade por un período superior aos seis meses, nin as licenzas que teñan declaración expresa de caducidade. Neste caso deberá presentar nova comunicación previa de actividade.
  • O novo titular, durante o exercicio da actividade comunicada, deberá contar no local, a disposición dos servizos de inspección municipais, unha copia da comunicación de cambio de titularidade achegada.
  • No caso de actividades nas que o antigo titular substituíse o informe do illamento acústico conseguido no local, de acordo co disposto no artigo 11 do Decreto 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia, pola declaración  expresa de que a actividade producira un nivel sonoro igual o inferior, en calquera horario, a 75dB, o novo titular debera achegar a mesma declaración ou  dito informe de illamento acústico conseguido.
  • Será, en todo caso, necesaria unha nova comunicación previa nos casos de modificación da clase de actividade, cambio de localización, reforma substancial dos locais, instalacións ou calquera cambio que implique unha variación que afecte a seguridade, salubridade ou perigosidade do establecemento.
2.3.- Comunicación previa para obras menores ( Non válida para Edificios Catalogados)
Son obras menores as caracterizadas pola súa escasa entidade económica e pola súa sinxeleza técnica que lles exime da necesidade de documentación técnica, dirixidas á simple reparación, decoración, ou mantemento e limpeza. Inclúense neste concepto as obras enumeradas na seguinte relación:

  1. Mantemento de partes non edificables de parcelas e solares:
    • Limpeza e roza interior de parcelas e solares, sen movementos de terras nin tala de arboredo
    • Reparación de peches de parcelas sen afeccións estruturais.
  2. Mantemento de fachadas dos edificios:
    • Reparación e substitucións de elementos auxiliares da cuberta ( canlóns, baixantes e varandas)
    • Limpeza e pintado de fachadas.
    • Cambio de carpintería exterior, persianas, varandas ou similares.
  3. Mantemento de cubertas dos edificios:
    • Substitución puntual de material de cubertas ou terrazas.
  4. Mantemento e actualizacións das instalacións dos edificios:
    • Substitucións de instalacións privativas de vivenda ou local ( auga, gas, electricidade, desaugadoiros ou similar)
    • Novas instalacións non encastadas en elementos estruturais ( vigas, piares, paredes mestras, etc.)
    • Mantemento de instalacións comúns do edificio ( ascensor, caldeiras, etc.)
  5. Mantemento dos acabados interiores dos edificios:
    • En paredes, solos e falsos teitos.
    • Reformas en cociñas ou baños que non modifiquen as divisións interiores.

 

A comunicación previa deberá realizarse cunha antelación mínima de 15 días hábiles.

O resto das obras menores nas que é necesario achegar documentación técnica tramitaranse tamén polo procedemento de comunicación previa descrito no apartado seguinte.

En edificios catalogados todas as obras están suxeitas a licenza de obra previa.

2.4.- Comunicación previa de obras maiores. ( Non válido para Edificios Catalogados )
Obras que requiren a presentación dun proxecto técnico redactado por técnico/a competente, pero que de conformidade co artigo 142.2. da Lei 2/2016 do solo de Galicia non están suxeitas a licenza previa.

A comunicación previa deberá realizarse cunha antelación mínima de 15 días hábiles.

En edificios catalogados todas as obras están suxeitas a licenza de obra previa.

Inclúense as obras que se enumeran na seguinte relación:

  1. Obras puntuais de reestruturación ou consolidado e reforma de edificacións existentes:Obras de restruturación puntual: son aquelas obras, nunha edificación existente, nas que se realicen pequenas modificacións estruturais para posibilitar:
    • Cambios na distribución mediante a apertura puntual de ocos de paso en muros.
    • A adecuación á normativa contra incendios ou á de accesibilidade e supresión de barreiras mediante a construción de pasos, ramplas, escaleiras e vías de evacuación.
    • O cumprimento da normativa contra incendios mediante a construción de pasos e vías de evacuación.
    • A instalación de ascensores e construción de escaleiras privadas de comunicación entre pisos que non afecten ao conxunto do sistema estrutural

Obras de consolidación: son aquelas que teñen por obxecto o afianzamento, reforzo ou substitución  puntual de elementos danados para asegurar a estabilidade do edificio, con posibles alteracións menores da súa estrutura e distribución, sempre que non estean incluídas nas obras de reestruturación parcial ou total.
Obras de reforma de vivendas existentes: son obras de redistribución do espazo interior dunha vivenda, sen intervir sobre as características morfolóxicas do edificio, as instalacións xerais ou estrutura portante, nin alterar a envolvente do edificio. As obras de reforma de outros uso tramítense co impreso normalizado CP-002
As obras de reestruturación ou consolidación que excedan o alcance da reestruturación puntual ou consolidación puntual e produzan unha variación esencial da composición xeral exterior, a volumetría, ou o conxunto do sistema estrutural, ou teñan por obxecto cambiar os usos característicos do edificio estarán suxeitas a licenza previa.

  1. Restauración de fachadas, medianeiras, patios, ou terrazas e substitución de material de cubrición en cubertas sen afectación estrutural: Son obras que afectan, de forma puntual ou limitada, ás fachadas ou medianeiras ou material de cubrición das cubertas dos edificios, modificando a súa configuración exterior sen afectar á volumetría e mantendo a estrutura portante existente. Abrangue a modificación ou tratamentos dos materiais, a substitución dos elementos de peche ou os seus materiais. Non se inclúe as obras de limpeza ou pintado que están suxeitas a comunicación previa de obra menor.

 

A comunicación previa deberá realizarse cunha antelación mínima de 15 días hábiles.

En edificios catalogados todas as obras están suxeitas a licenza de obra previa.

2.5.- Comunicación previa de Instalación de elementos publicitarios en locais comerciais (Rótulos)
Carteis ou rótulos que sirvan para indicar a denominación social de persoas físicas ou xurídicas ou o exercicio de actividade mercantil, industrial, profesional ou de servizos a que os locais se dediquen e non teñan finalidade estritamente publicitaria. Non se inclúen outros soportes publicitarios. A instalación de rótulos en edificacións catalogadas están suxeitas a licenza previa.
2.6.- Comunicación previa de construción de peches e valados de parcelas e soares
Peches de parcelas, excepto muros de contención de terras provisionais e definitivos. Os muros de contención están suxeitos a licenza previa.
2.7.- Comunicación previa de instalación de soportes publicitarios
Instalacións publicitarias perceptibles desde a vía pública reguladas na Ordenanza correspondente.
2.8.- Comunicación previa de inicio de obra nova autorizada (presentación proxecto de execución)
O inicio das obras de nova edificación, ampliación ou reestruturación xeral autorizadas mediante a correspondente licenza urbanística exixe a presentación no rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo da comunicación previa de inicio das obras achegando ademais o correspondente Proxecto de execución, no caso de que non se tivese presentado previamente, e a documentación complementaria que proceda.

No caso de proxectos de execución que modifiquen o proxecto básico autorizado, o interesado deberá solicitar previamente a oportuna licenza, coa documentación exixida e non poderá iniciar a obra en tanto non obteña nova licenza. Considérase que se altera significativamente o proxecto cando se produzan cambios de uso, cando se vexan afectadas as condicións de volume e forma dos edificios, a posición e ocupación do edificio na parcela, a edificabilidade, alturas , recuados e separación a lindeiros, número de vivendas, condicións de seguridade e outras similares.

2. 9.- Comunicación previa de instalación de guindastres
Instalación de grúas-torre para a execución de obras con licenza ou comunicación previa e co proxecto de execución presentado.

A persoa interesada poderá poñer en servizo a instalación, unha vez finalizadas as obras, o cal acreditará co correspondente certificado emitido pola ou polo facultativo director da instalación, no que se acredite, ademais da data da súa terminación, que esta se realizou de acordo co proxecto aprobado ou as súas modificacións posteriores autorizadas e que está en condicións de ser utilizada. Acreditarase o perfecto estado da instalación, seguridade e funcionamento do guindastre nos termos do modelo establecido para guindastre torre desmontables para obras ou outras aplicacións do anexo V da ICT MIE-AEM-3 aprobada por RD 836/2003, de 27 de xuño, ou norma que o substitúa. O dito certificado, xunto cunha copia da solicitude, estará na obra a disposición dos servizos de inspección municipal. Nos impresos normalizados inclúese unha declaración responsable que deberá asinar o interesado.

2. 10.- Comunicación previa de estacións ou instalacións radioeléctricas
Comprenden as estacións ou instalacións radioeléctricas utilizadas para a prestación de servizos de comunicacións electrónicas dispoñibles para o público, agás daquelas que teñan impacto no patrimonio histórico-artístico ou no uso privativo e ocupación dos bens de dominio público ou, tratándose de instalacións de nova construción, teñan impacto en espazos naturais protexidos.

Coa comunicación achegarase copia do proxecto da instalación e indicarase a data de inicio das obras e o prazo de execución.  A persoa interesada poderá poñer en servizo a instalación, unha vez finalizadas as obras, o cal acreditará co correspondente certificado final de obra, sempre e cando obteña a autorización de posta en servizo da Xefatura Provincial de Inspección de Telecomunicacións, documentos que terá a disposición dos servizos de inspección municipal.

O proxecto técnico da instalación deberá xustificar graficamente que se axusta ás condicións da instalación. No caso de torres o proxecto incluirá un plano de deslinde coa indicación das construcións existentes nun radio de 100/50 ml.

2. 11.- Obras menores exentas de licenza

Mediante a comunicación previa as persoas interesadas poñen en coñecemento da administración Pública competente os seus datos identificativos e demais requisitos esixibles para o exercicio dun dereito ou inicio dunha actividade, consonte co establecido no artigo 70.1 da lei 30/1992, de 23 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

Relación de obras menores suxeitas ao réxime de comunicación previa

  1. Mantemento de partes non edificables de parcelas e solares:

1a. Limpeza e desbroce interior de parcelas e solares, sen movementos de terras nin tala de arboredo.

1b. Reparación de peches de parcelas sen afeccións estruturais.

  1. Mantemento de fachadas dos edificios:

2a. Reparación e substitucións de elementos auxiliares da cuberta ( canalóns, baixantes e varandas)

2b. Limpeza e pintado de fachadas.

2c. Cambio de carpintería exterior, persianas, varandas ou similares.

  1. Mantemento de cubertas dos edificios:

3a. Substitución puntual de material de cubertas ou terrazas.

  1. Mantemento e actualizacións das instalacións dos edificios:

4a. Substitucións de instalacións privativas de vivenda ou local ( auga, gas, electricidade, desagüe ou similar)

4b. Novas instalacións non encastradas en elementos estruturais ( vigas, pilares, paredes mestras, etc.)

4c. Mantemento de instalacións comúns do edificio ( ascensor, caldeiras, etc.)

  1. Mantemento dos acabados interiores dos edificios:

5a. En paredes, solos e falsos teitos.

5b. Reformas en cociñas ou baños que non modifiquen as divisións interiores.

O resto das obras menores nas que é necesario achegar documentación técnica tramitaranse tamén polo procedemento de comunicación previa descrito para obras maiores, peches e rótulos.

A quen está dirixido

Calquera persoa física ou xurídica.

Prazos

A comunicación previa deberá realizarse cunha antelación mínima de 15 días hábiles.

Documentación requirida

  • Impreso de Declaración Responsable ou Comunicación en Materia Urbanística
  • Documento acreditativo de ter aboada a taxa correspondente
  • Plano de situación e localización

a escala mínima 1:2000 e 1:500 respectivamente. Admítese en substitución, a Consulta Descritiva e Gráfica de Datos Catastrais do ben inmoble. https://www1.sedecatastro.gob.es/CYCBienInmueble/OVCBusqueda.aspx

  • Orzamento desglosado da obra ou actuación a realizar.
  • Reportaxe fotográfica da fachada da edificación e da zona da obra.
  • Autorizacións e informes sectoriais que sexan preceptivos (copia). Xunto coa manifestación expresa de que conta con todos os necesarios para o inicio da actividade.
  • Datos identificativos da persoa solicitante
    • Persoas físicas DNI (ou documento que faga as súas veces) da solicitante e da representante. As persoas que comparezan ou asinen en representación doutra, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
    • Persoas xurídicas DNI (ou documento que faga as súas veces) da persoa representante e documentación acreditativa da representación. 2. Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
    • Comunidade de propietarios DNI (ou documento que faga as súas veces) da ou do presidente. No caso de que a solicitude a realice a persoa administradora da comunidade, achegará o seu DNI e documento que acredite debidamente a súa representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable). Ademais acta do nomeamento da persoa presidente ou acta da reunión de propietarios na que se recolla o acordo á realización das obras.
  • Nos casos de obras en fachadas que necesitan andamios
    • Certificado de técnico/a competente no que se indique que a colocación dos andamios se fai baixo a súa dirección e que reuniran as debidas condicións de seguridade unha vez instalado.

 

  • No caso de presentar documentación técnica
    • Declaración responsable (ou certificado colexial) de técnico competente no que figuren os seus datos persoais e profesionais de xeito que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.

  

https://concellodefoz.sedelectronica.es/dossier.1

2. 12. -Comunicación Previa de Inicio de Actividade (excepto actividades recreativas e espectáculos) en Locais que non Precisan Obras de Adaptación

Mediante este trámite as persoas interesadas poñen en coñecemento da administración pública competente os seus datos de identificación e demais requisitos esixibles para o inicio dunha actividade, consonte co establecido no artigo 69.2 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas.

Baixo a súa responsabilidade, poderá iniciar a actividade desde a data indicada na solicitude.

Documentación requirida

  • Datos identificativos da persoa solicitante
    • Persoas físicas


DNI (ou documento que faga as súas veces) da solicitante e da representante. As persoas que comparezan ou asinen en representación doutra, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).

  • Persoas xurídicas

  1. DNI (ou documento que faga as súas veces) da persoa representante e documentación acreditativa da representación. 2. Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.

 

  • Se no local realizáronse obras de adaptación previas ao desenvolvemento da actividade (con licenza ou comunicación previa)
    • Certificación de fin de obra das obras e das instalacións, asinada polo/a técnico/a director/a das obras
    • Documento acreditativo da dispoñibilidade do local

(contrato de arrendamento ou escritura de compra, etc.), para o caso de que o titular de actividade é distinto o solicitante da obra.

  • Informe do illamento acústico conseguido no local

De acordo co disposto no artigo 11 do DECRETO 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia, que deberá completarse co disposto no artigo 15 da Ordenanza municipal de protección do medio contra a contaminación acústica producida pola emisión de ruídos e vibracións. Non será obrigatorio no caso que a persoa titular da actividade faga constar expresamente que actividade producirán un nivel sonoro igual ou inferior, en calquera horario, a 75 dB, excepto nas actividades nocturnas e as diúrnas dos grupos 1 e 2 da táboa 4 do Manual de Procedemento adxunto á Ordenanza municipal de protección do medio contra a contaminación acústica producida pola emisión de ruídos e vibracións que, en calquera caso, deberán achegar o certificado establecido no artigo 15 da dita ordenanza.

  • Se non son precisas obras de acondicionamento para o desenvolvemento da actividade
    • Documento acreditativo da dispoñibilidade do local

contrato de arrendamento ou escritura de compra, etc.

  • Planos de situación e localización do local

no que se pretende a actividade, a escala mínima 1:2000 e 1:500 respectivamente, asinado por técnico competente.

  • Memoria da actividade coa manifestación expresa do cumprimento de todos os requisitos técnicos e administrativos
    (descrición detallada das características da actividade e as características técnicas da maquinaria e instalacións necesarias, indicando para cada elemento a súa potencia, que se ha de expresar en C.V. para as máquinas con motor e en kw. para o resto, asi como, as medidas correctoras a aplicar de acordo coa natureza da actividade e instalacións previstas) asinada por técnico competente.
  • Planos acoutados de planta, alzado e sección do local

a escalas 1:100 ou 1:50 segundo o caso, indicando o uso das diferentes dependencias, a maquinaria, a situación das saídas, comunicacións, etc. e instalacións de protección contra incendios, asinado por técnico competente.

  • Certificación expedida por facultativo competente acreditativa de que o local é apto para o novo uso
    conforme á normativa aplicable en función do mesmo e con especial referencia ao cumprimento das condicións de estabilidade, illamento térmico e acústico, e seguridade contra incendios precisas para o uso pretendido e que conta coas autorizacións e rexistros sectoriais.
  • Autorizacións e informes sectoriais que sexan preceptivos

(copia). Xunto coa manifestación expresa de que conta con todos os necesarios para o inicio da actividade.

  • Reportaxe fotográfica do local

subscrita polo solicitante e polo técnico redactor do proxecto.

  • Declaración responsable (ou certificado colexial) de técnico competente

no que figuren os seus datos persoais e profesionais de xeito que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.

  • Renuncia do propietario do inmoble ao incremento do valor en caso de expropiación
    Para o caso de edificacións en situación de fóra de ordenación.
  • Informe do illamento acústico conseguido no local

De acordo co disposto no artigo 11 do DECRETO 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia, que deberá completarse co disposto no artigo 15 da Ordenanza municipal de protección do medio contra a contaminación acústica producida pola emisión de ruídos e vibracións. Non será obrigatorio no caso que a persoa titular da actividade faga constar expresamente que actividade producirán un nivel sonoro igual ou inferior, en calquera horario, a 75 dB, excepto nas actividades nocturnas e as diúrnas dos grupos 1 e 2 da táboa 4 do Manual de Procedemento adxunto á Ordenanza municipal de protección do medio contra a contaminación acústica producida pola emisión de ruídos e vibracións que, en calquera caso, deberán achegar o certificado establecido no artigo 15 da dita ordenanza.

  • Se a actividade se somete ao procedemento previo de incidencia ambiental
    • Declaración de incidencia ambiental
    • Proxecto da obra ou actividade

(copia). Asinada por técnico/a competente.

  • Certificado de que o proxecto cumpre coa normativa técnica de aplicación

Certificado do técnico/a ou dos técnicos/as que autoricen o proxecto.

 

https://concellodefoz.sedelectronica.es/dossier.1

 

**Observacións

A comunicación previa non é unha autorización administrativa para exercer unha actividade senón un medio para que a administración coñeza a existencia da dita actividade e posibilitar o control posterior, distinto da facultade de inspección ordinaria, mediante as oportunas actuacións administrativas. O control municipal prodúcese con posterioridade ao inicio da actividade. A existencia de inexactitudes, falsedades ou deficiencias no local determinará a imposibilidade de continuar co exercicio da actividade.

A persoa interesada queda exenta de declarar ante o Catastro Inmobiliario os feitos, actos ou negocios con relevancia catastral derivados da presente comunicación previa, por terse acollido o Concello de Vigo ao réxime de comunicación do artigo 14.b) do Texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/2004, do 5 de marzo.

2. 13. - Comunicación Previa de Inicio de Obra Nova Autorizada (Presentación de Proxecto de Execución)
O inicio das obras de nova edificación, ampliación ou reestruturación xeral autorizadas mediante a correspondente licenza urbanística, esixe a presentación no Rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo da comunicación previa de inicio das obras achegando ademais o correspondente Proxecto de execución, no caso de que non se tivese presentado previamente, e a documentación complementaria que proceda.

No caso de proxectos de execución que modifiquen o proxecto básico autorizado, o interesado deberá solicitar previamente a oportuna licenza, coa documentación esixida e non poderá iniciar a obra en tanto non obteña nova licenza. Considerase que se altera significativamente o proxecto cando se produzan cambios de uso, cando se vexan afectadas as condicións de volume e forma dos edificios, a posición e ocupación do edificio na parcela; a edificabilidade; alturas; recuados e separación a lindeiro; número de vivendas; condicións de seguridade e outras similares.

Documentación requirida

no caso de que non se tivese presentado previamente.

  • Proxecto de infraestruturas comúns de telecomunicacións

redactado polo técnico competente de acordo co RD. lei 1/1998, no caso de que non se tivese presentado previamente (edificacións con división horizontal)

  • Estudo de Seguridade e Saúde

segundo RD 1627/1997 redactado polo técnico competente, no caso de que non se tivese presentado previamente.

  • Proxecto técnico da instalación de enerxía solar térmica para auga quente sanitaria

redactado por técnico competente. Se é o caso e non se tivese presentado previamente.

  • Oficio da dirección da execución da obra

no caso de que non se tivese presentado previamente.

  • Estudio de xestión de residuos

segundo R.d. 105/2008

  • Nomeamento do contratista e xustificación de alta para os efectos do imposto de actividades económicas
    no caso de que non se tivese presentado previamente
  • Documento de declaración responsable

asinado polo técnico redactor do proxecto onde sinale que o proxecto técnico de execución se axusta e desenvolve ás determinacións do proxecto básico que serviu para a concesión da licenza sen introducir modificacións substanciais.

  • Datos identificativos da persoa solicitante
    • Persoas físicas

DNI (ou documento que faga as súas veces) da solicitante e da representante. As persoas que comparezan ou asinen en representación doutra, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).

  • Persoas xurídicas
  1. DNI (ou documento que faga as súas veces) da persoa representante e documentación acreditativa da representación.

https://concellodefoz.sedelectronica.es/dossier.1

3. Licenzas de Obras e Actividades

3.1. Licenzas de obras suxeitas ao procedemento ordinario

Licenza de obra nova

Abrangue os seguintes tipos de obra:

  1. a) Obras de substitución: son aquelas nas que se derriba unha edificación existente e no seu lugar se constrúe unha nova.
  2. b) Obras de nova planta: son aquelas mediante as cales se edifica unha parcela libre de edificación.
  3. c) Obras especiais: son aquelas obras de características particulares que só se poden realizar no caso de que sexan esixidas pola propia normativa aplicable; establécense tres grupos:
  • Obras de reconstrución: son as que teñen por obxecto a reposición mediante nova construción dun edificio preexistente no mesmo lugar e posición, total ou parcialmente desaparecido, reproducindo fielmente as súas características morfolóxicas. Só se considera este tipo de obras en edificios sometidos a algún réxime de protección que as esixa, quedan exentas do cumprimento das condicións de nova planta que as imposibiliten, aínda que non das de seguridade.
  • Obras de desmontado traslado e reedificación.
  • Obras de recuperación tipolóxica: son aquelas obras de nova edificación que deben realizarse de acordo cun modelo tipolóxico preestablecido polo planeamento. Estas obras virán impostas na normativa correspondente, segundo casos específicos.

Documentación requirida

Dita escritura achegarase inscrita no Rexistro da Propiedade cando haxa cesións ou outras condicións suxeitas a inscrición rexistral.

  • Reportaxe fotográfica do soar ou da edificación

subscrita pola persoa solicitante e polo técnico redactor do proxecto. Nos casos de nova edificación en edificacións entre medianeiras, acompañarase tamén fotografías das fachadas dos edificios lindeiros.

  • Oficio de dirección das obras
  • Cuestionario estatístico de edificación e vivenda do Ministerio de Fomento
  • Autorizacións sectoriais previas preceptivas
  • Datos identificativos da persoa solicitante
    • Persoas físicas

DNI (ou documento que faga as súas veces) da solicitante e da representante. As persoas que comparezan ou asinen en representación doutra, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).

  • Persoas xurídicas
  1. DNI (ou documento que faga as súas veces) da persoa representante e documentación acreditativa da representación. 2. Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
  • No caso de edificacións apegadas e cando proceda
    • Documentación acreditativa da mancomunidade de patios ou garaxes ou compromisos cos lindantes
  • No caso de proxectos ou oficios de dirección sen visado colexial non presentados a través da PLATAFORMA DE EDICIÓN DE PROXECTOS
    • Declaración responsable (ou certificado colexial) do técnico redactor do proxecto

no que figuren os seus datos persoais e profesionais de forma que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.

  • Se achega proxecto básico.No caso de proxectos achegados a través da PLATAFORMA DE EDICIÓN DE PROXECTOS ou do acceso telemático ao Colexio Profesional, unicamente deberá aportar o código da plataforma ou número de visado.
    • Proxecto técnico

redactado por técnico competente co contido establecido no Anexo I da Parte I do Código Técnico da Edificación

  • Se achega proxecto básico e execución (ademais da documentación anterior).No caso de proxectos achegados a través da PLATAFORMA DE EDICIÓN DE PROXECTOS ou do acceso telemático ao Colexio Profesional,so deberá aportar o código
    • Proxecto de infraestruturas comúns de telecomunicacións

redactado polo técnico competente de acordo co RD.lei 1/1998 (no caso de edificios con división horizontal). (1 copia)

  • Estudo de Seguridade e Saúde

segundo R.d. 1627/1997 redactado polo técnico competente.

  • Proxecto técnico da instalación de enerxía solar térmica para auga quente sanitaria
    redactado por técnico competente.
  • Oficio da dirección da execución da obra
  • Estudio de xestión de residuos

segundo R.d. 105/2008.

  • Se a edificación ten por obxecto o desenvolvemento dunha actividade. No caso de proxectos achegados a través da PLATAFORMA DE EDICIÓN DE PROXECTOS ou do acceso telemático ao Colexio Profesional, unicamente deberá aportar o código
    • Proxecto técnico da actividade e das instalación

(ou Memoria no caso de instalacións de pequena entidade) redactado por técnico/a competente, co contido establecido no anexo I da Ordenanza de tramitación de licenzas.

  • Declaración expresa

Declaración de que se cumpren todos os requisitos para o exercicio da actividade e de que os locais e as instalacións reúnen as condicións de seguridade, salubridade e as demais previstas no planeamento urbanístico.

  • Autorización,o informe ou a declaración ambiental que proceda
  • Autorizacións e informes sectoriais que sexan preceptivos

xunto coa manifestación expresa de que se conta con todos os necesarios para o inicio da obra, instalación ou actividade

https://concellodefoz.sedelectronica.es/dossier.1

 

Licenza de obras de ampliación / reestructuración

Obras de ampliación: son aquelas obras, nunha edificación existente, nas que se incrementa a ocupación ou o volume construídos.

Obras de reestructuración: son aquelas obras de rehabilitación dunha edificación que melloran as súas condicións de seguridade, salubridade, habitabilidade, de confort e ornato, modificando a súa distribución e alterando as súas características morfolóxicas e a distribución interna.

  • Reestruturación parcial: aquelas obras que inclúen algún dos seguintes tipos:
    • Construción de entresollados.
    • Cubrición e forxado de patios pechados de dimensións inferiores ao 50% das establecidas na ordenanza que o autorice.
    • Demolición e nova construción de núcleos de comunicación vertical.
    • Substitución ou reposición de elementos ou zonas de forxados ou piares illados
    • Apertura de patios ou incremento do espazo libre de parcela, de acordo coas dimensións establecidas pola norma zonal de aplicación para edificios non catalogados.
    • Reposición da estrutura ou dos elementos da cuberta.
  • Reestruturación xeral: terán este carácter todas aquelas obras nos edificios que excedan do anteriormente exposto; serán consideradas de reestruturación total no caso de baleirado do edificio con mantemento de fachada a vía ou a espazo libre de uso público, ou do seu desmontado e reconstrución.

 

Licenza de obras de reforma e consolidación

As obras de reforma e consolidación abranguen os seguintes tipos de obra:

Obras de reestructuración puntual: son aquelas obras, nunha edificación existente, nas que se realicen pequenas modificacións estruturais para posibilitar:

  • Cambios na distribución mediante a apertura puntual de ocos de paso en muros.
  • A adecuación á normativa contra incendios ou á de accesibilidade e supresión de barreiras mediante a construción de pasos, ramplas, escaleiras e vías de evacuación.
  • O cumprimento da normativa contra incendios mediante a construción de pasos e vías de evacuación.
  • A instalación de ascensores e construción de escaleiras privadas de comunicación entre pisos
  • Substitución parcial de forxados, podendo introducirse modificacións de nivel en zonas localizadas.

Obras de consolidación: son aquelas que teñen por obxecto o afianzamento, reforzo ou substitución de elementos danados para asegurar a estabilidade do edificio, con posibles alteracións menores da súa estrutura e distribución, sempre que non estean incluídas nas obras de reestruturación parcial ou total.

Inclue a totalidade das obras maiores de reforma de Edificios Catalogados

 

Licenza de obras de movementos de terra

Estarán suxeitos a licenza de obra os movementos de terra e obras de desmonte non incluídos en proxectos de edificación ou proxectos de urbanización.

 

Licenza de parcelamento ou informe de innecesidade de parcelación

De conformidade co artigo 148 da Lei 2/2016 do solo de Galicia (LSG) considerarase parcelación urbanística a división de terreos en dous ou máis lotes ou porcións co fin da súa edificación.

Estarán suxeitas a licenza previa as parcelacións, segregacións ou outros actos de división de terreos en calquera clase de solo, cando non formen parte dun proxecto de reparcelación.

Será innecesario o outorgamento de licenza cando a división ou segregación sexa consecuencia de: A aprobación dun proxecto de compensación, reparcelación ou expropiación, a execución de infraestruturas e dotacións públicas, ou o outorgamento polo planeamento de distinta clasificación ou cualificación da parcela de orixe.

Nestes casos poderá solicitarse a declaración de innecesariedade de parcelación.

 

Licenza de intervencións menores en Edificios Catalogados

Son obras caracterizadas pola súa escasa entidade económica e pola súa sinxeleza técnica, dirixidas á simple reparación, decoración, ou mantemento e limpeza, de edificios declarados bens de interese cultural ou catalogados polas súas singulares características ou valores culturais, históricos, artísticos, arquitectónicos ou paisaxísticos.

Inclúense as obras enumeradas na seguinte relación:

  1. Mantemento de partes non edificables de parcelas e soares:
    • Limpeza e roza interior de parcelas e soares, sen movementos de terras nin tala de arborado
    • Reparación de peches de parcelas sen afeccións estruturais.
  2. Mantemento de fachadas dos edificios:
    • Reparación e substitucións de elementos auxiliares da cuberta ( canalóns, baixantes e varandas)
    • Limpeza e pintado de fachadas.
    • Cambio de carpintería exterior, persianas, varandas ou similares.
  3. Mantemento de cubertas dos edificios:
    • Substitución puntual de material de cubertas ou terrazas.
  4. Mantemento e actualizacións das instalacións dos edificios:
    • Substitucións de instalacións privativas de vivenda ou local ( auga, gas, electricidade, desaugadoiros ou similar)
    • Novas instalacións non encastadas en elementos estruturais ( vigas, pilares, paredes mestras, etc.)
    • Mantemento de instalacións comúns do edificio ( ascensor, caldeiras, etc.)
  5. Mantemento dos acabados interiores dos edificios:
    • En paredes, solos e falsos teitos.
    • Reformas en cociñas ou baños que non modifiquen as divisións interiores.

 

Licenza de obra (Varios)

Abranguen todas as obras que non teñen cabida en ningunha das anteriores definicións e non están suxeitas ao procedemento simplificado ou comunicación previa como poden ser piscinas, etc.

Ademais incluirá as solicitudes de instalación de carteleiras e antenas de telefonía non suxeitas a comunicación previa. Nestes casos a documentación a presentar coa solicitude será a establecidas nas ordenanzas especificas

 

Licenza de obra de reforma comercial (Edificios catalogados)

Obra de acondicionamento de local: son aquelas obras que adaptan un local existente ás condicións para o exercicio dunha actividade mediante a introdución de novas instalacións, a modernización das existentes ou a redistribución do seu espazo interior, sen intervir sobre as características morfolóxicas do edificio, as instalacións xerais ou estrutura portante, nin alterar a envolvente do edificio.

En locais situados en edificios declarados bens de interese cultural ou catalogados polas súas singulares características ou valores culturais, históricos, artísticos, arquitectónicos ou paisaxísticos, no caso de necesitar obras de acondicionamento para o desenvolvemento dunha actividade suxeita a comunicación previa deberá solicitar licenza de obras de reforma comercial. Unha vez rematada a obra comunicarase o inicio da actividade, achegando o correspondente Certificado Final de Obra.

No resto das edificacións as obras de acondicionamento están suxeitas a comunicación previa

3.2. Licenzas de obras suxeitas ao procedemento simplificado

A solicitude de licenza de obras suxeita ao procedemento simplificado permítelle, á persoa titular desta, o inicio das obras solicitadas transcorrido o prazo dun mes sen recibir notificación en sentido contrario por parte do Concello

Nos casos nos que sexa necesaria a corrección de deficiencias nunha actuación sometida ao procedemento simplificado, este feito suporá o cambio no procedemento ao ordinario, e non será operativo o prazo dun mes do silencio administrativo. Neste caso non se poderán realizar as obras solicitadas, en tanto non se resolva a preceptiva licenza municipal.

 

Demolición de edificacións

Son obras de demolición ou derruba aquelas que se realizan para facer desaparecer un edificio ou parte deste.

Documentación requirida

  • Impreso de licenza de Obras para Demolición
  • Documento acreditativo do abono da taxa corresopndente
  • Proxecto técnico completo

redactado por técnico competente (incluído estudio de seguridade e saúde), visado polo correspondente colexio profesional.

  • Oficio de dirección das obras
  • dirección da obra e dirección da execución da obra.
  • Reportaxe fotográfica
  • Copia da resolución de declaración de ruína(No seu caso.)
  • Autorizacións sectoriais previas preceptivas
  • Datos identificativos da persoa solicitante
    • Persoas físicas

DNI (ou documento que faga as súas veces) da solicitante e da representante. As persoas que comparezan ou asinen en representación doutra, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).

  • Persoas xurídicas
  1. DNI (ou documento que faga as súas veces) da persoa representante e documentación acreditativa da representación. 2. Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.

https://concellodefoz.sedelectronica.es/dossier.1

 

Construción de muros de contención       

 

Muros de contención de terras non incluídos en licenzas de edificación, sexan ou non muros de peche.

Documentación requirida

Subscrita polo solicitante e polo técnico redactor do proxecto.

  • Oficio de dirección das obras
  • Proxecto técnico completo

Redactado por técnico competente co contido establecido no anexo I da Ordenanza de tramitación de licenzas. (Incluído Estudio de seguridade e saúde).

  • Autorizacións sectoriais previas preceptivas
  • Datos identificativos da persoa solicitante
    • Persoas físicas

DNI (ou documento que faga as súas veces) da solicitante e da representante. As persoas que comparezan ou asinen en representación doutra, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).

  • Persoas xurídicas
  1. DNI (ou documento que faga as súas veces) da persoa representante e documentación acreditativa da representación. 2. Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
  • Comunidade de propietarios

DNI (ou documento que faga as súas veces) da ou do presidente. No caso de que a solicitude a realice a persoa administradora da comunidade, achegará o seu DNI e documento que acredite debidamente a súa representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable). Ademais acta do nomeamento da persoa presidente ou acta da reunión de propietarios na que se recolla o acordo á realización das obras.

  • No caso de proxectos ou oficios de dirección sen visado colexial non presentados a través da PLATAFORMA DE EDICIÓN DE PROXECTOS
    • Declaración responsable (ou certificado colexial) do técnico redactor do proxecto

No que figuren os seus datos persoais e profesionais de forma que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.

https://concellodefoz.sedelectronica.es/dossier.1

3.3. Licenzas de actividade
De conformidade co artigo 41 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia “en atención á concorrencia de razóns de interese xeral derivadas da necesaria protección da seguridade e saúde pública, dos dereitos das persoas consumidoras e usuarias, do mantemento da orde pública, así como da adecuada conservación do ambiente e do patrimonio histórico artístico, será precisa a obtención de licenza ou autorización para:

  • A apertura de establecementos e a celebración de espectáculos públicos ou actividades recreativas que se desenvolvan en establecementos públicos cunha capacidade superior a 500 persoas, ou que presenten unha especial situación de risco, de conformidade co disposto na normativa técnica en vigor.
  • A instalación de terrazas ao aire libre ou na vía pública, anexas ao establecemento.
  • A celebración de espectáculos e actividades extraordinarias e, en todo caso, os que requiran a instalación de escenarios e estruturas móbiles.
  • A celebración dos espectáculos públicos e actividades recreativas ou deportivas que se desenvolvan en máis dun termo municipal.
  • A celebración dos espectáculos e festexos taurinos.
  • A apertura de establecementos e a celebración de espectáculos públicos ou actividades recreativas cuxa normativa específica esixa a concesión de autorización.

O contido deste anexo aplicarase ás seguintes actividades:

  • Espectáculos públicos ou actividades recreativas que se desenvolvan en establecementos públicos cunha capacidade superior a 500 persoas, ou que presenten unha especial situación de risco, de conformidade co disposto na normativa técnica en vigor.
  • Espectáculos públicos ou actividades recreativas cuxa normativa específica esixa a concesión de autorización.
3.4.- Licenzas de primeira ocupación

A licenza de primeira ocupación é o acto administrativo que acredita que as novas edificacións cumpren os requisitos esixidos para ser destinado a uso para o cal se autorizou a licenza de obras, nomeadamente que a obra está completamente executada e se axusta á licenza urbanística outorgada.

Terminadas as obras ou instalacións, autorizadas nas correspondentes licenzas previas, a persoa titular da licenza, no prazo máximo de quince días, porao en coñecemento do Concello de Foz,  mediante o oportuno escrito de solicitude de licenza de primeira ocupación

Documentación requirida

  • Impreso de solicitude de primeira ocupación
  • Certificado final de obra orixinal

expedido polo/s técnico/s director/es da obra e visado polo colexio profesional correspondente.

  • Certificado de homologación que acredite a resistencia ao lume das portas RF

expedido por un laboratorio homologado (excepto vivendas unifamiliares).

  • Certificado acreditativo do cumprimento das prescricións establecidas na Ordenanza Municipal de Protección do Medio contra a Contaminación Acústica

expedido pola empresa ou entidade homologada para estes fins. Na certificación deberá constar expresamente o cumprimento dos requisitos acústicos esixidos.

  • Boletín de Instalación das Infraestructuras Comúns de Telecomunicacións

No seu caso. En edificios de máis de 20 vivendas ou uso non residencial, certificado final de obra (expedido polo Enxeñeiro ou Enxeñeiro técnico de Telecomunicacións), selados pola Xefatura de Inspección de Telecomunicacións.

  • Documento acreditativo do abono da taxa de licenza de primeira ocupación
  • Datos identificativos da persoa solicitante
    • Persoas físicas

DNI (ou documento que faga as súas veces) da solicitante e da representante. As persoas que comparezan ou asinen en representación doutra, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).

  • Persoas xurídicas
  1. DNI (ou documento que faga as súas veces) da persoa representante e documentación acreditativa da representación. 2. Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
  • No caso de variacións de detalle na obra executada
    • Memoria e planos da situación final da obra

nos que queden perfectamente recollidas, descritas e identificadas as variacións introducidas.

  • No caso de edificacións de uso residencial
    • Acta de Recepción

da obra executada, se se outorgase expresamente, ou a acreditación da recepción tácita.

  • Se a edificación ten por obxecto o desenvolvemento dunha actividade. No caso de proxectos achegados a través da PLATAFORMA DE EDICIÓN DE PROXECTOS ou do acceso telemático ao Colexio Profesional, unicamente deberá aportar o código
    • Certificación de fin de obra das instalacións

conforme estas se executaron de acordo co proxecto e licenzas que se autorizan, asinada polo técnico director e visada polo correspondente colexio profesional.

https://concellodefoz.sedelectronica.es/dossier.1

4. Denuncias por infraccións urbanísticas

Denuncias por Infraccións Urbanísticas

Toda persoa ten dereito a esixir ante os órganos administrativos e os Tribunais Contencioso-Administrativos a observancia da lexislación e demais instrumentos de ordenación territorial e urbanística mediante a interposición da correspondente denuncia ou recurso contencioso-administativo.

Poderá interpoñerse durante a execución de obras ou usos presuntamente ilegais e ata o transcurso dos prazos establecidos para a adopción das medidas de protección da legalidade urbanística.

En Galicia o prazo para esixir a restauración da legalidade urbanística respecto de obras terminadas sen título habilitante (licenza ou comunicación previa) é de seis anos desde a total terminación das obras.

Documentación requirida

  • Impreso de solicitude de denuncias urbanísticas. A denuncia presentada terá unha primeira folla na que constarán todos os campos (nome, apelidos, enderezo físico, enderezo electrónico, teléfono, localización das obras ou usos denunciados, referencia catastral, etc) e unha segunda folla na que aparecerán non visibles os datos persoais de contacto, protexidos pola lei orgánica de protección de datos de carácter persoal (L.O. 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal).
  • Reportaxe fotográfica das obras ou usos denunciados e calquera outro medio de proba dispoñible (ortofotos, cartografía, escrituras de propiedade, informes técnicos, entre outros).

Observacións

As medidas para a protección da legalidade urbanística encomendadas ás entidades locais pola lei de solo de Galicia atenden á protección do interese xeral consistente no debido cumprimento da normativa urbanística. Resultan irrelevantes nesta encomenda legal os intereses particulares das persoas denunciantes, toda vez que o ben público a protexer é o respecto á normativa urbanística de aplicación e non os intereses particulares que, por lexítimos que poidan ser, non teñen por que coincidir co interese xeral.

Os danos causados por particulares en propiedades privadas non corresponde dilucidalos nin resarcilos á Administración municipal, correspondendo a vía civil a canle axeitada para dirimir estes conflitos.

O Plan de Inspección Urbanística do Concello de Vigo establece a orde de prioridade na tramitación das denuncias urbanísticas presentadas ante esta Administración municipal.

A presentación dunha denuncia urbanística non confire á persoa denunciante a condición de persoa interesada nas actuacións administrativas de protección da legalidade urbanística que se practiquen en relación ás obras ou usos denunciados. A condición de persoa interesada adquírese de conformidade co establecido na lexislación de procedemento administrativo común, sen prexuízo do acceso á información pública, arquivos e rexistros de acordo co previsto na lexislación en materia de transparencia e bo goberno e demais normativa concordante.

As competencias de inspección, supervisión, sanción e restablecemento da legalidade urbanística por actos de edificación e uso en terreos cualificados como zonas verdes, espazos libres públicos, viarios ou na zona de protección establecida no artigo 92.1 da LSG dotacións ou equipamentos públicos, en solo rústico, solo urbanizable e solo de núcleo rural –neste último caso por delegación do Concello de Foz segundo convenio asinado o 26 de setembro de 2018 e publicado no DOG do 21 de xaneiro de 2019- pertencen á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística –APLU-